28.5.15
Convocatoria da Asemblea Veciñal de Gondomar Concello Aberto
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhwuzppkWgGVNW3UaHWvAHzb43QVxV3KJ06DE3uDSOFAhu7O3YwB2GG0cuiLhU7lcjPD79K3mjiTGqkhrNDyNHqmIb23NoVRWDyCk0JZBiuFwciPgEzFfU_8dNhOutioi7TejbsJYRjLHM/s320/10922269_838466472914328_4668868884995648143_o.jpg)
Un dos compromisos básicos acordados na constitución do noso movemento foi o de decidir na Asemblea Veciñal os eventuais pactos post-electorais. E nesas estamos. O escenario que se abre tras os resultados electorais esíxennos discutir e decidir nesa delicada materia. Por iso convocamos a Asemblea presencial a celebrar no local de Gondomar Concello Aberto o próximo sábado, día 30 de maio, ás 20:00 h, coa seguinte Orde do día:
1. Valoración dos resultados das Eleccións Municipais
2. Propostas de actuación e marco xurídico no que encaixalas
3. Equipo de traballo municipal. Eventual elección do mesmo (1)
4. Elección da Mesa da Asemblea que funcionará ata a seguinte Asemblea presencial
5. Rolda libre de intervencións
Por parte da Mesa da Asemblea:
Pepe Paraños
(1) Dada as circunstancias sobrevidas a partir dos resultados electorais con demandas de declaracións por parte da prensa, nunha reunión informal da candidatura, ampliada con participantes activos/as na campaña electoral, acordouse nomear como portavoces provisionais ata esta Asemblea á nosa candidata, xa concelleira, Jimena Varela e aos nosos candidatos, xa concelleiros, Josué Villar e Pauliño del Río.
22.5.15
Josué Villar Ballesteros
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEi6tfUFz-RXHo2KTLun9DVnlHGpHIkTzMGpNTHAv-3FoFWyYprW22zZBdLuWLY9YogO4BCuN5t5SZTe4YaPyuCzrNZjq-j2bxCKxcsgWkbofaUqDYzluJ7aVwve3tNHuE94713tRe6GwaQ/s320/11270584_859930970767878_1670423742554271057_o.jpg)
E fágoo porque neste momento da miña vida podo garantir o meu compromiso absoluto con este proxecto veciñal que, entendo, pode significar unha transformación profunda e irreversible da nosa vila.
Aínda sendo novo sei que podo aportar a miña experiencia política desenvolta nestes últimos anos así como o coñecemento do funcionamento do Concello, xa que traballei nel, en prácticas, en 2014.
Pura González Martínez
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgkvRjb2AWEEWK8Yu90xhqx8SMJInDJcKuRKiVab4tdqFn18QhSXKBUybmV847nlU2NyjViYdJS9gYIFIYIqzrtRU_bkyL8zzoUmVujDkPPpImmEtyBrspHQbA6yvg1UVf97pxoNJpFSxk/s320/11136166_859930444101264_3514464398313598499_o.jpg)
Mágoa que non sexa a unidade de todas as opcións políticas de esquerda, pero os e as que aquí estamos intentámolo ate o final. Mágoa! Quero manifestar que para min a esquerda é irremediablemente nacionalista. E quero decir que se goberna quen goberna é porque nós llo permitimos, co noso voto, coa nosa abstención, co noso desleixo, coa nosa desunión.... Os que gobernan agora non son maioría, son minoría unida, e moi unida, por intereses espurios.
PEDO. Plan Especial de Destrución Organizada
PEDO
Plan Especial de Destrución Organizada
O PEDO redactado polo actual equipo de goberno do Concello de Gondomar substitúe con vantaxe a calquera PXOM convencional, segundo a opinión cualificada dos políticos populares.
O PEDO de Gondomar consta do seguinte articulado.
1. A meirande parte do presuposto será repartido entre o equipo de goberno, baixo a fórmula de soldos, dietas e corruptelas.
2. Os veciños serán desatendidos sistematicamente e saqueados a mínima oportunidade.
3. Para traballar co Excelentísimo Concello de Gondomar haberá que ser membro do partido reinante, nomeadamente o partido popular e os seus aliados.
4. Os servizos municipais tais como auga, alumado e saneamento estarán restrinxido ao centro da vila. Nas parroquias non existirán ou estarán sometidos as leis do amíguesmo e o clientelismo político.
5. Non se limparán os camiños salvo catro ou cinco días antes das eleccións municipais.
6. En todo caso, os camiños serán insuficientes, aleatorios, bacheados, tortuosos, inundables e a ser posible dunha soa dirección.
7. Para axilizar o tráfico rodado, nas estradas non existirán veira rúas, e de existir serán intransitables co gallo de desalentar a actividade peonil.
8. Os tendidos eléctricos e telefónicos serán aéreos contradicindo a normativa europea e demostrando así a nosa soberanía; é dicir, en vez de servizos públicos, serán considerados verdadeiros perigos públicos.
9. Consentirase calquera aterramento, levantamento de muros e usurpación de espazo público sempre que beneficie o interese privado.
10. O urbanismo estará presidido por dous principios incontestables e identitarios: a especulación e o feismo.
11. O patrimonio histórico artístico, pontes, acueduto, muíños, matadoiro, etc. será reducido a ruína, para fomentar a futura actividade dos arqueólogos locais.
12. Non se despilfarrará un só euro en creación de espazos públicos porque para iso xa está Praia América e Vila Nova de Cerveira.
13. Os ríos do municipio son un recurso inestimable para desfacermos das augas sucias, o lixo e a merda que a depuradora da Señorita Pepis non e quen de depurar. A contaminación da Foz non é cousa nosa, pertence a Nigrán e que cada pau aguante a súa vela.
Seguen sesenta e tres artigos máis e algúns anexos, entre os que cabe salientar o que leva por título: Apoio aos familiares e amigos dos alcaldes e concelleiros inhabilitados.
21.5.15
Jimena Varela Rodríguez
Vivimos en tempos de emerxencia social, de crise sistémica. Ante este escenario de excepción, a resposta das organizacións políticas debe ser tamén de excepción. Por isto, dende Esquerda Unida Gondomar apostamos pola confluencia dende o momento do noso nacemento: unha unidade non só das organizacións, se non da maioría social que se sinte atacada polas políticas actuais.
Pauliño del Río Iglesias
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgJJD1q-YW_LO-TOv-Jnap2_hhB16jUwJ8yEBpfavwwB0sCEN0k2YKMIWhfW2zHTplNDwtWQ-XThEyJaRhVetChz4zg4EPmCO6GZswu-Jwduq_OJujijKU9FZ11YIgvRaXKBBWL7F2VHJg/s320/11258030_859207510840224_8294024325856101205_o.jpg)
Non so hai que trocar o discurso senón as formas e prácticas de facer política. Un proceso que non empeza nin remata no presente, somos herdeiros de moita boa xente que deixou os mellores anos da súa vida na loita polo ben común.
No proceso colectivo de participación cívica a ética é a creación de espazos de xustiza e liberdade para vivir con dignidade. Do mesmo xeito que é importante rodearte de xente que non sempre che dea a razón, é importante confluír en procesos transversais cos veciños e veciñas para facer cousas en común. As cousas colectivas debémolas facer entre tod@s. Debemos sumar esforzos, xerar empatía, ilusión e gañas.
Xente do común para un traballo en común, a gobernanza do noso Concello.
Margarita Cachaza Valeiro
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgvaQp1pq3-GlI7CzD6W5MVMy97w-M5LW2VSkJz50CLm5bwT6pbRhrCNZJMWkQMOBRfvHtIcNQmTYQsPPKkB25phDrfJrDnZIp5yP95rQeUGiE-F0Do9AeKbTp8GxEayfY8RqqksJDr6H8/s320/11143542_858985287529113_8540011196129271782_o.jpg)
A nosa é unha vila pródiga en bens naturais que proporcionan á área recursos incomprensiblemente desatendidos. Aséntase, así mesmo, nun lugar estratéxico e privilexiado percibido así polos foráneos. Políticas activas de comunicación no Val e diversificación formativa para a nosa xuventude proporcionarían un pulo eficaz e irreversible ao desenvolvemento sostible da nosa vila.
Lamento fondamente o tempo perdido por corporacións incompetentes nas que non faltaron persoas indignas de ostentar un cargo público. Por iso no podo ser indiferente á necesidade de contribuír coa miña forza e experiencia en xestión pública á formación dun goberno municipal forte e competente. Gondomar aínda está a tempo.
20.5.15
Manuel Anxo Fortes Torres
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgOQjqrFt7EYTwf6f9l76FewHyVDl8lkU5YQ-FZ8bm3DKaHN8w149oIa3UvbGsc8cv0rfErh-UJ4EBDSTHQAXzZttIf2RRKCQwjTu01The44PyBaGfZg9_r09bgyZq-6KHnKE0C-ddisVs/s320/10842345_858589454235363_3555794277157208961_o.jpg)
19.5.15
Fátima Rodríguez Areal
18.5.15
Jesús Araújo Nores
Eli Suárez Amarelo
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEitZaUSBgxMGYiW03OkQtMzLeYgw6sADHqsg_qP0AHHDqQGcJV1qynh7fTD1pJrapvJsaUH3Gs4Ic-BBj5B7v3glVOtPmAfGq0394eaARoKAtNb46WQfdgb-AO3sv8caHW2B1gXGhiQwas/s320/10998660_858129650948010_6339214897062562219_o.jpg)
A min gústame Gondomar, estou orgullosa de vivir aquí, e confío en que pode ser un lugar no que teñamos unha mellor calidade de vida e máis oportunidades de traballo, lecer e relación. Creo que temos moitas posibilidades e estou disposta a aportar o meu compromiso, traballo e servizo para conseguilo.
Borja Nande Domínguez
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgYFncSPXHGIrt7YiRG8jyGXNwBAZOMnVUsYR0LqVwQM5s_Bo6VrT6RNNC80sXPAzInq90MLwkctR5YoF3FCWJn9rVCyB2omSue0KnoyWcWXxHPY1dLENS2RdE_f0HuA3G5m9ANRr_R5xo/s320/10996013_858002637627378_6246683215156411635_n.jpg)
Podería dar centos de argumentos sobre a xestión municipal e o que se podería facer en Gondomar cun cambio na vontade política, como xustificación desta candidatura. Pero, non sería orixinal, ese é o caso que nos une a todos os que traballamos nesta forza. Realmente, a única motivación válida é a de facer un exercicio de coherencia. Ilusióname escoitar a persoas que se queixan de todo o existente, pero estou farto de todos aqueles que se queixan e quedan tranquilamente na casa, agardando. Dar un paso adiante, todos nós, confírenos una grao de coherencia, que é a primeira pedra para conformar unha nova realidade tan, absurdamente, necesaria.
17.5.15
Ana Valenzuela Amorín
O nacemento en Gondomar dun movemento aberto, plural, de unidade, que pretende facer partícipes aos veciños e veciñas nas decisións que corresponden ao Concello é a razón fundamental pola que eu quero implicarme e me implico nesta candidatura.
16.5.15
Lydia Vázquez Carrera
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEh7KBWPzPi8pltMpJBxrSlBjn7ZWKIQIcCyxLwsvB3FvhnWsyHFjal_xdfMdD6Bp_rniuGSzbxR52mAlCWOZwOpdE2IXF5IWkpxkvZ1_nlRS0QELk-7t6k4lP86MBRizUpuN-GHfbZ2Hxg/s320/11269306_857319464362362_316425009462588122_o.jpg)
Nunca participei en política, pero como veciña estou farta de ver como uns poucos fan o que queren cos cartos de todos e todas e é por iso que formo parte da candidatura de Gondomar Concello Aberto, para cambiar a forma de facer política e gobernar polo ben común, polo ben de Gondomar e dos seus veciños e veciñas.
Delvino Domínguez Magalhaes
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhpy8xS6iHpIpOP_Hi0cuX2S8688blAm6nmImpoP1egmAF3xbNrEad5I6aQSPOsqhsceHWTvAsNvXqbfH4nQPG8BwIlxDJqrpiFNiB6AdmRBAXMrmiKtZkEYt8mxlkguV358YbcSfg5EHI/s320/11289569_857319127695729_3226878617342332440_o.jpg)
15.5.15
Beatriz Núñez Martínez
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjv4zPsj3jJ3-ZJVpXS7zJX67XO0cmUi0sa5q2YooDYorxsTOW6dr6fhV7OtBUVximIwYIjfMWMt7mT0zB7Jxd7FUz4SqCvD-DC4ghuxEh13h9h1b_2svUBEaeoq8Ca0dB2rbnZj0XA0sg/s320/11194485_856998621061113_2594007184993191381_o.jpg)
Tereixa Otero Dacosta
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEi-o7sbak6lPt55nRxr2AXLbpGwf17RJIV6GH1ROC1cneHy5H9jPphREzdrkRJp7cZ4eL3Z7mBrsZFYq2z8Kj-zXe4tms5hmOfX0EKrKC0EwlSEamnrg3WMx8WS-GAGulXjDKe3oYqSVPQ/s320/10012890_856998241061151_8437310881615188741_o.jpg)
14.5.15
Andrés Vicente Álvarez
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhY-QJta7shi54KmblhjzszYqGaslt-f6FPJM9PVRtG-CN5Q5NY23eKF7YR4ZVJDPnKvWr0Wd7eE49M2lLOoupylV6SjQUkR5ytp2FSoO-5k0Lm0d17enf9yCbkQhW_1m8kKOwHH7iuxrY/s320/11265583_856579937769648_5078318013567533876_o.jpg)
Devolver o concello aos veciños, debería de ser o primeiro obxectivo a acadar, acabando coas políticas corruptas que dende fai xa bastantes anos ocupan o día a día do noso concello.
Nuria Andión Rodríguez
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhbc271UagA2zfGXmnBPhwAtsHf8lqgozmuADT2eXQjN1pJ0f4KoIsXjQKYJU0qZPtyZ-_s6Oo3H3jKbxXB7K-WpHZOPu5gH2Scp01bAxnCPgooidardMaNtgaYvtqSzRcwzdFU1IEdwvs/s320/11136265_856579674436341_3550336367189562063_o.jpg)
13.5.15
Un paso adiante en participación política
![]() |
Manuel Janeiro |
O que o autor da teoría da identidade social, Henri Tajfel, chamaba paradigma de grupo mínimo, establece que a mera categorización social das persoas en grupos conduce á competición social, baixo a fórmula de favoritismos e sesgos endogrupales, aínda que se trate de grupos artificiais sen a máis mínima interdependencia realista. E dicir, que se vinte descoñecidos divídense en dous grupos de dez e a cada grupo dáselle camisetas diferentes, unhas amarelas e outras verdes, por exemplo, rematan constituíndose como grupo e considerando aos outros o exogrupo. O chamado sesgo endogrupal consiste en que as persoas favorecen inxustamente aos membros do seu grupo en detrimento dos membros do exogrupo, aínda que a única diferenza entre os dous grupos sexa a cor das súas camisetas.
Os grupos dominantes na participación política son os partidos. Nos partidos, amén das diferenzas ideolóxicas e de clase que os xustifican, dáse, como en calquera outra agrupación, o sesgo endogrupal. Esta circunstancia non so promove a inxustiza, senón que entorpece a análise social e a reflexión política, pero a solución non é a eliminación dos partidos políticos, porque o que xurde entón é o partido único e o totalitarismo. O exogrupo do partido único e a poboación non militante, que se converte nun grupo vulnerable, silenciado e desarmado.
Na medida que unha organización política sexa quen de articular un sistema de participación cidadán aberto, máis aló dun inxenuo multitudinismo negriano excluinte dos partidos, a outras organizacións coas que comparta pensamento político e obxectivos sociais, e que estas pluriagrupacións sexan dinámicas; e dicir, susceptibles de distintas conformacións en función de obxectivos sociais lícitos, estarase en disposición de superar o cancro do sesgo endogrupal. Unha de cuxas manifestación máis deplorables é a de antepor a propia supervivencia do grupo ao ben común.
Para chegar a este estadio de organización aberta, que en principio semella caer en unha temeridade ontolóxica, porque está disposta a deixar de ser para ser nos outros ou cos outros, hai que superar cando menos tres crenzas entrelazadas: a certeza de que se está en disposición dun absoluto (a verdade), a de crer coñecer o ben común e a de considerarse a ferramenta indispensable para alcanzalo.
Sobre o ben común permítaseme traer aquí algunhas ideas de Slavoj Zizek sobre o concepto:
Non existe un ben común a priori, de antemán, por natureza. Nós non somos só responsables de traballar polo ben común, tamén somos responsables de decidir cál é ese ben común. Non é algo que simplemente esta aí; pola contra, temos que asumir a responsabilidade de definilo.
O camiño para definir este ben común zizekiano co que acordamos, e establecer fórmulas de reflexión colectiva ao través do que en tempos chamábamos diálogo democrático, que debe entenderse agora como conversación democrática, posto que non son só os axentes sociais os que dialogan, senón as persoas en representación de se mesmas. A conversación política entre persoas fundaméntase no respecto por todas as posición e a multiaxencialidade como método para evitar a aparición do chamado pensamento grupal (groupthinking), que non é outra cousa que unha forma de polarización extrema, tan condicionada pola busca do consenso (ilusión de unanimidade, autocensura) que deteriora a percepción da realidade do grupo. Outra condición necesaria, ao meu xuízo, é que a discusión se estableza dende, en termos lacanianos, o lugar do que sabe, o que non quere dicir que só podan opinar os que saben, os expertos, senón que as opinións deben producirse dende un lugar de coñecemento. A crítica eficaz a un planeamento urbanístico, a un produto cultural ou a unha decisión bioxenética, por exemplo, non pode partir de posición individualistas, como cando os alumno de secundaria determinan a calidade da telebasura baseándose no criterio: "A min gústame". A discusión crítica dende un lugar concreto de coñecemento obriga a un esforzo metodolóxico e documental, pero é probablemente o único xeito de superar, tanto a ditadura do experto, como a banalidade do lego.
Manuel Janeiro
Gondomar 9 de maio de 2015
Marila Suárez Amarelo
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgGC1hyphenhyphenzfL08qArDT5nIrz1yXYHjYHLORnjV69zkKtdrp6PO2NyVMYT6HdY8NycdeZK1MUZvj4sxZaziqTfdZUxg9DE35ycXeJ2Rlsn4Seducm8UbFmhKPr_BNAKZEMyYJpRZshH-PwnNA/s320/11144912_855864304507878_4919253707736033560_o.jpg)
Entendo que o proxecto Gondomar Concello Aberto responde á necesidade de veciñas e veciños de cambio, escoitando as súas demandas e propostas e buscando acordos en común que nos permitan facer de Gondomar ese pobo que desexamos e que merece. Chegou o momento de cambiar as cousas en Gondomar e ilusióname formar parte do proceso posto en marcha.
Ramiro Iglesias Piñeyro
12.5.15
Fita Carrera Rodríguez.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjZOjE3WRCERUqLRfY01P0frLLDbjCVv9fT2TnMwWYydlxcgPDYzTGoMEypDbB6Q3zFVcQlYfU111gVCOIVeGIIQko44J_ki2TWQL4Nw7b8VhhQChAt89BuC7YG1D40-TObl4UpalkeR_8/s320/11200981_855528637874778_3119427948505594958_o+(1).jpg)
Irene Iglesias González
11.5.15
Marcial Comesaña Figueras
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEj3ZR0BsoXWBYD9HN1JsPTRFR-fpMeovmLN2zw1zD-5gTeNm9TkMcDoqaxsX84aC8qWvAodtui4vSRIWSaPtn2w0koZDeOccrK_XubTBGeoJcz3k46D-eOuiSJ8qqgYr-G075pQbFgYI3E/s320/11187793_855420614552247_2356513943967002512_o.jpg)
Penso que esta é a mellor forma de honrar a un dos veciños que máis admirei sempre na parroquia e no concello. Un home sabio que xa non está con nós. Unha boa persoa, amigo das cousas e dos veciños de Vincios e mellor avó dos seus netos. Vai por ti, Néstor!
Modesto Rial González
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjrxovzSPJjsnJ8ZkjsvxkOTM8GaZxMheIfKXVVuRGCKubEHYZxIsxWfHOQqrMRn3NvLyU3O1zsEBGZ3tE3C5vuqjg6FnTuE4mrPubOYX4JX3D8cw_QrWL9p9kKog0e-QeOGIFKhg1F5Nc/s320/11140171_855418284552480_4466857102940700553_o.jpg)
Olga López Alén
Vivín con moita decepción os últimos gobernos municipais. Gondomar necesita un cambio radical no Concello e o movemento Gondomar Concello Aberto éncheme de ilusión polo seu carácter unitario, polos seus principios programáticos e sobre todo polo impulso da implicación dos veciños e veciñas na elaboración dun programa que, entendo, pode potenciar as posibilidades da nosa vila.
10.5.15
Ángeles Ceballos Rivera
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhjWbnCq3AFoaV48SLw5-jkqMc9U7eM4W9unKPgeaAk1NLFIHAFJYT5eORq4uJsp2unMYvi9rz6enwVdPD03NRyoGt6HCIYYeZtt4b1FP50xWrNQdyOLJGM_RpOBeJsSn7UTsb1IbXa6LU/s320/11260724_854744767953165_6473578153348461689_o.jpg)
Nacín nunha familia humilde, de traballadores e son sensible á discriminación social que leva aparellada a desigualdade. Sempre tiven o soño de poder participar na loita en favor dos máis desfavorecidos e a prol dunha sociedade máis xusta. Por iso presento a miña candidatura a estas eleccións primarias de Gondomar Concello Aberto, a pesar de non ter experiencia política, porque sinto as gañas e teño a forza para participar activamente neste impulso democrático e aberto.
9.5.15
Rexina Rodríguez Vega
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhnI_v9z8UntEhsJX2ZUaSOBJSiH_auLljmchjrLx7JQRmIzXM4SPzy4Oc2kcLhKoYXuLwGflXG8Ac8BYYOOFBWuYyJ6edbNkDDlfmh-2JauH86NdiSHHSuB60g8lH-84gJZ93RhygVo7Y/s320/11174568_854187441342231_1643168804039234293_o.jpg)
Neste momento no que todo se esfarela, quero comprometerme con aqueles que intentan mudar o estado das cousas. A busca das liñas vermellas que unan as xentes da esquerda é para min prioritaria. Desde o local, desde a sociedade civil hora é xa de ensaiar novas formas de convivencia e de xestión afastadas no posible do dogmatismo da marca política.
8.5.15
Jesús Bouza Rey
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)