25.11.15

Asemblea veciñal

Para o sábado 28 de novembro convócase Asemblea veciñal ás 19:00 no Centro Neural.
A orde do día é a seguinte:

1. Lectura e aprobación da acta anterior

2. Eleccións xerais
3. Informe económico
4. Renovación da mesa
5. Varios

Reunión do Grupo de urbanismo

Para mañá, xoves 26, está convocada unha xuntanza do Grupo de urbanismo, no local de CABE
(Centro Neural) ás 17:00.

10.11.15

Xuntanza do Grupo de urbanismo

O vindeiro mércores,11 de novembro, ás 20 horas reúnese o Grupo de urbanismo en La Vitrola de Gondomar.

7.11.15

Asemblea veciñal para o luns 9 de novembro

Convócase Asemblea veciñal para o luns 09 de novembro ás 20:45 en primeira convocatoria e 21:15 en segunda, na Casa de Cultura de Gondomar, coa seguinte orde do día:

- Lectura e aprobación si procede da acta, da asemblea anterior, a do día 5 de novembro. 
- Información da concelleira e os concelleiros sobre a reunión do venres 6 no Concello. 
- Toma de decisións sobre o exposto. 
- Renovación da mesa en dous membros. 
- Varios.

4.11.15

Asemblea veciñal

Convócase Asemblea veciñal para o día 5 de novembro, xoves,  no Centro Neural, ás 20:45 en primeira convocatoria e ás 21:15 en segunda, co seguinte orde do día:
  • Aprobación do documento de análise do cumplimento do pacto de goberno
  • Elección de voceira ou voceiro da Asemblea
  • Renovación da Mesa da Asemblea
  • Varios