![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhjWbnCq3AFoaV48SLw5-jkqMc9U7eM4W9unKPgeaAk1NLFIHAFJYT5eORq4uJsp2unMYvi9rz6enwVdPD03NRyoGt6HCIYYeZtt4b1FP50xWrNQdyOLJGM_RpOBeJsSn7UTsb1IbXa6LU/s320/11260724_854744767953165_6473578153348461689_o.jpg)
Nacín nunha familia humilde, de traballadores e son sensible á discriminación social que leva aparellada a desigualdade. Sempre tiven o soño de poder participar na loita en favor dos máis desfavorecidos e a prol dunha sociedade máis xusta. Por iso presento a miña candidatura a estas eleccións primarias de Gondomar Concello Aberto, a pesar de non ter experiencia política, porque sinto as gañas e teño a forza para participar activamente neste impulso democrático e aberto.