![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgvaQp1pq3-GlI7CzD6W5MVMy97w-M5LW2VSkJz50CLm5bwT6pbRhrCNZJMWkQMOBRfvHtIcNQmTYQsPPKkB25phDrfJrDnZIp5yP95rQeUGiE-F0Do9AeKbTp8GxEayfY8RqqksJDr6H8/s320/11143542_858985287529113_8540011196129271782_o.jpg)
A nosa é unha vila pródiga en bens naturais que proporcionan á área recursos incomprensiblemente desatendidos. Aséntase, así mesmo, nun lugar estratéxico e privilexiado percibido así polos foráneos. Políticas activas de comunicación no Val e diversificación formativa para a nosa xuventude proporcionarían un pulo eficaz e irreversible ao desenvolvemento sostible da nosa vila.
Lamento fondamente o tempo perdido por corporacións incompetentes nas que non faltaron persoas indignas de ostentar un cargo público. Por iso no podo ser indiferente á necesidade de contribuír coa miña forza e experiencia en xestión pública á formación dun goberno municipal forte e competente. Gondomar aínda está a tempo.