![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgJJD1q-YW_LO-TOv-Jnap2_hhB16jUwJ8yEBpfavwwB0sCEN0k2YKMIWhfW2zHTplNDwtWQ-XThEyJaRhVetChz4zg4EPmCO6GZswu-Jwduq_OJujijKU9FZ11YIgvRaXKBBWL7F2VHJg/s320/11258030_859207510840224_8294024325856101205_o.jpg)
Non so hai que trocar o discurso senón as formas e prácticas de facer política. Un proceso que non empeza nin remata no presente, somos herdeiros de moita boa xente que deixou os mellores anos da súa vida na loita polo ben común.
No proceso colectivo de participación cívica a ética é a creación de espazos de xustiza e liberdade para vivir con dignidade. Do mesmo xeito que é importante rodearte de xente que non sempre che dea a razón, é importante confluír en procesos transversais cos veciños e veciñas para facer cousas en común. As cousas colectivas debémolas facer entre tod@s. Debemos sumar esforzos, xerar empatía, ilusión e gañas.
Xente do común para un traballo en común, a gobernanza do noso Concello.