30.9.15

Asemblea Veciñal

Gondomar Concello Aberto convoca a toda a veciñanza á Asemblea que vai celebrar este venres,día 2 de outubro, ás 20:45 h. no Centro Neural, coa seguinte orde do día:


1.- Desenvolvemento da asemblea, presentada por unha persoa da mesa da asemblea.
2.- Presentación do borrador do documento de organización, por unha persoa do grupo de organización,
3.- Debate e aprobación de propostas sobre o documento.
4.- Rogos e preguntas.

A mesa da Asemblea.



26.9.15

Sobre o tanque de tormentas

Imaxe de Gondomar TV

Recibido o correo de Elena Comesaña dicirlle que o compromiso de Gondomar Concello Aberto a respeito do tanque de tormentas e a rexeneración da zona segue a selo mesmo que manifestamos en repetidas ocasións: Non se pode emprazar unha instalación deste tipo no centro da vila de Gondomar. Xa demos os primeiros pasos neste sentido, desbrozando e limpando a zona, queda rexenerala e devolvela ao seu estado orixinal como ribeira do río. E estas actuacións faranse sempre contando coa responsabilidade adquirida cos veciños e veciñas de Gondomar.

Agora e ante as actuacións referidas de recuperación da zona, e despois dunha inacción de case dous anos, e de escusas variadas, a Xunta parece que lle entrou a presa e pretende trocar o proxecto e instalar unha estación de bombeo no mesmo sitio. Agora a tres meses vista do prazo de finalización do proxecto din que se non se fai van perder os fondos europeos. Tarde piaches!

A veciñanza de Gondomar non poder ser quen pague a ineficacia e a ineficiencia dunha administración autonómica ao servizo duns intereses que non son os nosos. Tivo tempo de sobra para rematar o proxecto de saneamento e trocar a ubicación da instalación, e facelo dacordo co sentir da opinión dos veciños e veciñas afectados, que somos todos. Non o fixo e agora pretende levar adiante unha modificación do proxecto para acabar onde empezamos. Un desproposito insensato.

Dende Gondomar Concello Aberto usaremos todos os recursos que temos ao noso alcance, dende os xurídicos normativos e procedimentais, como os da mobilización social para impedir que este novo disparate se leve a cabo.

Pauliño del Río Iglesias.
Voceiro do Grupo Municipal de CABE.

22.9.15

Achegas de setembro

Estas son as achegas recibidas en CABE no que vai do mes de setembro (comentarios, propostas ou suxestións) e comunicadas ás concellerías de Gondomar Concello Aberto.



Desconvocada a xuntanza do Grupo de urbanismo e nova convocatoria

Por causa de forza maior, esta xuntanza queda desconvocada a xuntanza prevista para hoxe, martes día 22 de setembro do Grupo de urbanismo.

Convócase para o xoves 24 de setembro, no Vitrola, contra as 20:00.

21.9.15

Mobilización contra o TTIP

O 10 de Outubro é o día de inicio da Semana de loita contra os tratados de libre comercio: TTIP, TPP, CETA e TISA,  unha mobilización global  continuidade da do pasado 18 de Abril.

Dende o 1 ao 15 de outubro milleiros de persoas marcharán dende diferentes localidade de toda Europa, para bloquear o cumio da Unión Europea que se dará ese día 15, en diversas protestas que se manterán ata o día 17.


En Vigo o percorrido será o seguinte: Praza de Independencia-Praza de América-Castrelos.
A saída, ás 20:00.

Acta da Asemblea veciñal


Esta é a acta da Asemblea Veciñal do 04 de setembro de 2015.


Xuntanza do Grupo de urbanismo

Convócase reunión do grupo do urbanismo para o vindeiro martes, 22 de setembro, ás 20:00 no Vitrola.

Por causa de forza maior, esta xuntanza queda desconvocada.

10.9.15

Mocións de CABE

O concelleiro e voceiro de  CABE no Concello de Gondomar, Pauliño del Río, por mandato da Asemblea Veciñal, vai presentar dúas mocións no Pleno a celebrar o vindeiro xoves, día 17 ás 20:00 horas. Tratan da acollida ás persoas refuxiadas e da oposición ao Tratado Trasatlántico de Comercio e Investimento (TTIP).

Os texto das mocións pódense ler aquí:

- Moción de acollida ás persoas refuxiadas
- Moción de oposición ao TTIP


6.9.15

Xuntanza do Grupo de urbanismo

Segundo o acordado na última Asemblea veciñal, convócase unha reunión do Grupo de urbanismo, a celebrar no restaurante La Vitrola, o vindeiro xoves, día 10, contra as 20:00.

A xuntanza do Grupo de urbanismo está aberta a toda a veciñanza.

5.9.15

Nota de prensa de CABE

Ante a nova aparecida no Atlántico Diario co gallo da inaguracion das novas instalacións da Policia
Local, e as manifestacións feitas polo Sr. Alcalde Francisco Ferreira, Gondomar Concello Aberto quer manifestar o seguinte:

No Acordo de Goberno asinado polos tres partidos establecíase nidiamente que este acordo representa ética e moralmente un contrato coa cidadanía que responde a un tempo político novo.

Un tempo político novo alonxado da corrupción e a clientelismo e das políticas que xeraron e xeran desigualdade, recortes sociais, privatizacións e limitacións de dereitos e liberdades. Un novo tempo onde a cidadanía e os veciños sexan o núcleo central da acción de goberno.

Políticas, fotos e declaracións como as do Sr. Alcalde de Gondomar onte na inaguración das novas instalacións da Policía Local son radicalmente contrarias á ética e as compromisos adquiridos polo goberno e as formacións políticas que o sustentan ante a cidadanía e ante o pacto de goberno.

Dende Gondomar Concello Aberto non sabemos que lle debe o Sr. Ferreira ao ex Alcalde xulgado, condenado e inhabilitado para o exercicio de cargo público por prevaricación urbanística, e que representa a época máis negra da corrupción en Gondomar, dende logo Gondomar Concello Aberto, e a inmensa maioría da veciñanza, non lle debemos nada.
Tal vez o Sr. Ferreira considera que o goberno actual é un punto e seguido dos anteriores gobernos do PP, para nos é un punto e aparte.
Declaracións e fotos como as de onte NON NOS REPRESENTAN e nos abochornan e así o queremos manifestar publicamente.

Gondomar, 5 de setembro de 2015.

Asdo.: Pauliño del Río Iglesias.
Voceiro do Grupo Municipal de CABE.

2.9.15

Informes das concellerías CABE

Velaquí queda o terceiro informe da concelleria de Josué Villar (Economía, Emprego e Dinamización
económica).


Convocatoria de Asemblea veciñal

Gondomar Concello Aberto convoca a toda a veciñanza á Asemblea veciñal que vai celebrar este venres, día 4 de setembro, ás 21:00 h. no Centro Neural, coa seguinte orde do día:

1.- Información municipal e da acción de goberno.
2.- PXOM.
3.- Grupos de traballo municipais.
4.- Fiscalización da Asemblea ao Grupo Municipal.
5.- Renovación parcial da Mesa da Asemblea

Informamos que, para que non se prolongue demasiado a asemblea, as roldas de intervencións serán pechadas

A Mesa da Asemblea.