11.5.15

Modesto Rial González

Eu que vivín de cerca a necesidade da implicación dos veciños e veciñas de Vincios na resolución dos seus problemas, que sempre os hai e os haberá, miro con simpatía a Gondomar Concello Aberto porque o vexo como un movemento unitario, que trata de impulsar a participación democrática da xente nos asuntos que lles afecten e de introducir a transparencia en todas as súas actividades. Por iso me sumo a este movemento e formo parte desta candidatura.