23.7.16

Boletín nº 4 de CABE

No apartado "Documentos" do blog xa está dispoñible o noso Boletín nº 4.

Nota de prensa sobre o apoio ao documento asinado polos alcaldes de A Coruña, O Ferrol e Santiago

Gondomar Concello Aberto, na súa asemblea celebrada o pasado sábado, decidiu apoiar o documento asinado polos alcaldes de A Coruña, O Ferrol e Santiago, no que propoñen as bases do que consideran que debe ser a candidatura para as vindeiras eleccións autonómicas:
  • Substitución da actual mesa de coordinación por un instrumento aberto e democrático que represente o proceso de ampliación da base social e democratización de En Marea.
  • Alargamento da base social de En Marea a través da incorporación de todas as mareas municipalistas, candidaturas de unidade popular e actores políticos e sociais.
  • Aproveitar como base para o debate o traballo feito durante estes últimos meses por ducias de mareas arredor do proceso de Mareas en Común.

15.7.16

Cancelación reunión de urbanismo o 15 de xullo

Cancélase a reunión do grupo de urbanismo prevista para hoxe venres 15 de xullo.

Convoctoria de Asamblea Veciñal o 16 de xullo


 Convócase á Asamblea de Gondomar Concello Aberto para o sábado día 16 de xullo ás 19:00 horas en convocatoria única, no Centro Neural de Gondomar coa seguinte orde do día definitivo:

  1. Lectura e aprobación da acta da Asemblea anterior,
  2. Renovación da mesa. Revisión do número de persoas que teñen que conformala. 
  3. Informacións dos concelleiros á Asemblea.
  4. Avaliación Eleccións 26 de xuño.
  5. Procedementos de transparencia de CABE
  6. Estado das Contas
  7. Manifesto dos alcaldes das mareas en relacións ás vindeiras eleccións autonómicas: análise e apoio, se procede.
  8. Grupo de Traballo sobre Participación Cidadá: comunicación a asemblea do documento elaborado.
  9. Rogos e preguntas,

12.7.16

Convocatoria do grupo de urbanismo o 15 de xuño

Convócase xuntanza do Grupo de Urbanismo o venres 15 de xuño ás 20 horas no local de CABE (Centro Neural).

Convoctoria de Asamblea Veciñal o 16 de xullo

Convócase á Asamblea de Gondomar Concello Aberto para o sábado día 16 de xullo ás 19:00 horas en convocatoria única, no Centro Neural de Gondomar coa seguinte orde do día:
  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.
  2. Renovación da mesa. Revisión do número de persoas que teñen que conformala.
  3. Informacións dos concelleiros á Asemblea.
  4. Avaliación. Eleccións 26 de xuño.
  5. Procedementos de transparencia de CABE
  6. Estado das Contas
  7. Rogos e preguntas 

8.7.16

Convocatoria do grupo de traballo de participación cidadá 0 12 de xullo


Martes 12 de Xullo ás 21:00h na sede de Gondomar CABE (no CDL) .

Orde do día:
  1. Traballo realizado dende o 18 de Marzo (data na que compartimos vía mail o documento ás compañeiras e compañeiros) ata o día de hoxe polo Grupo Municipal.
  2. Análise do borrador de participación veciñal do concello de Gondomar.
  3. Borrador da proposta de Gondomar CABE.

5.7.16

Convocatoria de asamblea ordinaria o 16 de xullo

Convócase á Asamblea de Gondomar Concello Aberto para o sábado día 16 de xullo ás 19:00 horas en convocatoria única, no Centro Neural de Gondomar coa seguinte orde do día (provisional):
  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.
  2. Renovación da mesa. Revisión do número de persoas que teñen que conformala.
  3. Informacións dos concelleiros á Asemblea.
  4. Procedementos de transparencia de CABE
  5. Estado das Contas
  6. Avaliación. Eleccións 26 de xuño.
  7. Rogos e preguntas

3.7.16

Gondomar Concello Aberto denuncia a perda de tempo do goberno municipal con respecto ao PXOM

A entrada en vigor da nova Lei do Solo obriga aos concellos sen planeamento aprobado inicialmente (caso de Gondomar) a iniciar a tramitación do plan urbanístico dende cero. Este feito non foi explicado á opinión pública e na práctica significa que temos que empezar por un borrador do plan co contido necesario para a súa análise urbanística e un documento inicial estratéxico, documentos que aínda non se empezaron a redactar. En lugar diso, o Goberno municipal preséntanos un documento carente de validez para enviar á Xunta e incompleto: non contén, entre outras reflexións, ningún tipo de análise do crecemento poblacional no municipio. A intención do Goberno é facer o cálculo con posterioridade á proposta, o que demostra a frivolidade e o nulo rigor co que se está tratando este tema. O documento está baseado en cartografía e normativa desactualizada, o que non se trata dunha mera formalidade; presentar este documento só confundirá aos veciños e veciñas de Gondomar, que presentarán alegacións a un documento que non vale para comenzar a tramitación administrativa, e retrasará a mesma. Se a intención é abrir a participación o antes posible, hai outros mecanismos para facelo de xeito máis productivo para os intereses xerais e que non despisten aos habitantes de Gondomar.

Por outro lado, e pese o que diga o concelleiro de Urbanismo, a proposta do bipartito non presenta modificacións substanciais con respecto ao Plan do Partido Popular. A propia empresa redactora, na pasada Comisión de Seguimento do PXOM o 29 de marzo, recoñeceu e dixo literalmente que o “espíritu” do Plan é o mesmo e que o número de vivendas previstas no termo municipal comparadas co Plan do PP practicamente non se reducía. Dende CABE, defendemos unha ordenación urbanística con criterios racionais e sustentables que non existen no Plan do anterior Goberno nin neste, porque son o mesmo.

Lamentamos o tempo que este Goberno perdeu e segue a perder ante un tema de vital importancia para o noso concello como é o PXOM; con comisións de seguimento mensuais onde non se toma ningunha decisión e quedan polo tanto baleiras de calquera utilidade, e sobre todo coa próxima exposición pública dun documento sen validez ante a Xunta de Galicia, que non conta co consenso da Corporación (nin sequera do Goberno bipartito, polo manifestado nas comisións de seguimento), e que polo tanto, carece de percorrido.

Gondomar, 2 de xullo de 2016

Posición do grupo municipal de Gondomar Concello Aberto (CABE) relativa á proposta de PXOM presentada polo goberno municipal de Gondomar

Sobre a base do "Itinerario-cronograma sobre o borrador do PXOM" remitido a este Grupo Municipal o 27 de maio, no que se marcan uns prazos concretos para realizar alegacións a un "borrador do PXOM" por parte do goberno municipal, cabe facer os seguintes comentarios:

A entrada en vigor da Lei 2/2016 do Solo de Galicia o pasado 19 de marzo obriga ao concellos sen planeamento aprobado inicialmente (caso de Gondomar) a tramitar o documento dende o inicio do procedemento.


O artigo 60 da devandita lei marca que en primeiro lugar, o concello promotor do plan deberá solicitar a documentación actualizada que poda ser de relevancia para a redacción do planeamento á consellería competente.

Non sabemos se esta documentación se pediu, e no caso de facerse, non se actualizou no documento presentado á Corporación, que ten a mesma base cartográfica que o Plan presentado no 2014 polo goberno anterior. Este non é un tema baladí, xa que por exemplo, a delimitación do solo rústico de especial protección xa non se fai a discreción do concello promotor, senón que vai depender dos catálogos oficiais dos órganos competentes e de normativas sectoriais. Polo tanto, non é posible acometer a ordenación do solo rústico nas súas distintas categorías sen dar este primeiro paso.

O seguinte paso que marca a Lei do Solo é a redacción, por parte do concello promotor, dun borrador do plan co contido necesario para a súa análise urbanística e dun documento inicial estratéxico que se remitirán á Xunta de Galicia para iniciar a tramitación. Unha das modificacións máis importantes que introduce a nova lei con respecto á 9/2002 é que agora a tramitación do Plan Xeral vai en paralelo á tramitación da avaliación ambiental . Non se trata xa de analizar o impacto dun proxecto definido previamente, senón que as condicións ambientais están dentro da propia toma de decisións e do proceso de redacción. Isto fai carecer de sentido o feito de que se nos entregue un “borrador” sen o documento inicial estratéxico. Os dous documentos teñen que ir da man, ou en todo caso, o borrador ser posterior ao documento ambiental.

O documento presentado polo Goberno como “borrador do PXOM”, contén algunhas modificacións non substanciais que non aparecen valoradas cuantitativa nin cualitativamente con respecto ao Plan Xeral de Ordenación Municipal do Partido Popular (eliminación dos plans especiais nos núcleos rurais e redefinición das áreas de reparto no casco urbano). A propia empresa redactora, na pasada Comisión de Seguimento do PXOM o 29 de marzo, recoñeceu e dixo literalmente que o “espíritu” do Plan non se modificaba, nin no centro urbano nin no conxunto do termo municipal (só había “cambios lixeiros”) e que o número de vivendas practicamente non se reducía, cando no Plan do PP estaba totalmente sobredimensionado (previndo un crecemento de 350 habitantes ao ano, cando os datos reais din que o noso crecemento demográfico está practicamente estancado).

Con respecto ao “borrador” entregado, só contén os planos de ordenación (só do núcleo urbano e a delimitación dos núcleos rurais, sen incluír planos da ordenación xeral do ámbito municipal nin do solo rústico), fichas das áreas de reparto e normativa urbanística. Isto significa que este “borrador”, polo tanto, non contén en ningún caso o “contido necesario para a súa análise urbanística”, é dicir, faltan parte dos planos de ordenación, os planos de información, as memorias informativas e as xustificativas. Esta é a documentación mínima que marca o Anteproxecto de Regulamento da Lei do Solo, de próxima aprobación, e que se transcribe a continuación (en amarelo o que contén o “borrador” do Goberno):

Artigo 172. Contido do documento do borrador do plan xeral
O contido do documento do borrador do Plan debe ser suficiente para permitir a súa análise
urbanística. A tal efecto, conterá os seguintes documentos:
1. Documentación escrita:
a) Unha memoria informativa co seguinte contido:
- Características naturais e aproveitamento do que sexa susceptible o territorio desde o punto de vista agrícola, forestal, gandeiro, cinexético, mineiro e outros.
- Usos actuais do solo, así como edificacións e infraestruturas existentes.
- Aptitude dos terreos para a súa utilización urbana e para a implantación de usos e infraestruturas de relevancia territorial, en razón das súas características físicas, con especial referencia a aquelas zonas do territorio nas que por razóns técnicas sexa desaconsellable o desenvolvemento urbanizador e edificatorio por concorrer riscos tecnolóxicos, xeotécnicos o desenvolvemento urbanizador e edificatorio por concorrer riscos tecnolóxicos, xeotécnicos ou naturais que podan afectas á seguridade das persoas e bens.
- Sinalización pormenorizada dos valores paisaxísticos, ecolóxicos, urbanos, culturais, históricos
-artísticos ou similares, existentes no ámbito territorial do plan, que podan ser obxecto de protección.
- Relación dos núcleos de poboación existentes no municipio, agrupados por parroquias. A tal efecto teranse en conta os núcleos identificados polo Plan básico autonómico.
- Determinacións establecidas polos instrumentos de ordenación do territorio coincidencia no ámbito do Plan.
- Identificación das afeccións derivadas da lexislación sectorial que incidan no ámbito do termo municipal.
- Análise do planeamento vixente nos concellos limítrofes.
- Análise do planeamento vixente na actualidade e do seu grado de cumprimento.
- Análise do grao de adecuación das dotacións urbanísticas existentes ás necesidades da poboación.
- Características da poboación asentada sobre o territorio, as súas condicións económicas e sociais e as previsións da súa evolución.
- Análise do tráfico e da mobilidade.
- Estudio e análise das necesidades de vivenda, libre e de protección, de solo para actividades produtivas, así como da evolución do mercado do solo.
- Obras programadas e política de inversións públicas que poden influír no desenvolvemento urbano por parte dos órganos da Administración do Estado, da Comunidade Autónoma ou dos Entes Locais ou institucionais.
b) Unha memoria xustificativa na que se recollan os seguintes aspectos:
- Xustificación da conveniencia e oportunidade da redacción do Plan.
- Xustificación do modelo de desenvolvemento elixido e descrición da ordenación proposta. A tal
efecto xustificarase a capacidade máxima residencial do plan e as súas previsións de crecemento
para o horizonte temporal que se estableza, de acordo co disposto no artigo 70 deste regulamento.
- Criterios da ordenación e obxectivos, directrices e estratexia de desenvolvemento a longo prazo para todo o territorio comprendido no ámbito, no horizonte temporal fixado, incluíndo as previsións específicas concernentes á realización dos sistemas xerais.
- Establecemento das clases e categorías de solo incidentes no Plan con expresión dos criterios xerais utilizados para a súa delimitación, detallando a superficie incluída en cada unha delas.
- Identificación dos ámbitos de reforma interior delimitados no solo urbano non consolidado, dos sectores delimitados en solo urbanizable, e das delimitacións de áreas de actuación integral nos núcleos rurais, de ser o caso, con expresión das súas superficies, e asignación dos usos globais e intensidades cando corresponda.
- Xustificación das reservas de solo para sistemas xerais esixidas pola lei do solo de Galicia, e para sistemas locais nos ámbitos de solo urbano non consolidado.
- Xustificación das reservas de solo para vivenda protexida esixidas pola lei do solo de Galicia.
- Xustificación da coherencia do plan cos instrumentos de ordenación do territorio con incidencia no ámbito do plan; en especial xustificación da coherencia e conformidade do plan coas determinacións e criterios establecidos polas Directrices de Ordenación do Territorio, incorporando unha valoración da correspondencia dos seus contidos con respecto ao disposto nelas.
- Xustificación do cumprimento da lexislación sectorial de aplicación.
c) A memoria acompañarase do documento inicial estratéxico ambiental co contido establecido na lexislación vixente.
d) A análise do modelo de asentamento poboacional, co contido determinado no artigo 160 respecto dos planos e das fichas informativas de cada núcleo.
2. Documentación gráfica:
a) Planos de información:
a.1 Planos de información xeral , a escala mínima 1:5.000, definido, cando menos, os seguintes aspectos:
- Usos e aproveitamentos do solo existentes, con especial mención dos aproveitamentos agrícolas, forestais, gandeiros, cinexéticos, extractivos e outros recursos naturais do territorio.
- Áreas vulnerables pola existencia de riscos naturais, xeolóxicos ou tecnolóxicos e áreas afectadas por impactos ambientais relevantes.
- Características topográficas do territorio, con expresión dos límites de pendentes superiores ao 50% e rede hídrica.
- Rede xeral de comunicacións.
- Redes xerais de servizos existentes.
- Identificación e localización dos espazos libres, zonas verdes e equipamentos existentes, diferenciando o seu carácter público ou privado.
- Determinacións dos instrumentos de ordenación do territorio e afeccións da normativa sectorial que deban ser tidas en conta para a ordenación urbanística, de acordo co establecido no Plan básico autonómico.
- Identificación dos ámbitos e elementos obxecto de protección de acordo coa lexislación sectorial aplicable.
- Determinacións da ordenación estrutural referidas ás áreas contiguas dos municipios colindantes.
- Evolución urbanística do concello.
a.2 Planos de información do solo urbano: planos que sexan precisos para expresar o estado actual do solo urbano en canto ao seu perímetro e ás características das obras de urbanización e das edificacións existente, a escala mínima 1:2.000.
a.3 Planos de información do solo de núcleo rural: O contido informativo relativo aos núcleos rurais existentes poderá incorporarse nos planos adxuntos ás fichas da análise do modelo poboacional.
b) Planos de ordenación:
b.1 Planos de ordenación xeral do territorio a escala mínima 1:5.000:
- Planos da estrutura xeral e orgánica do territorio, nos cales se sinalen, conxunta ou separadamente, o sistema xeral de infraestruturas de comunicacións, o sistema xeral de espazos libres e zonas verdes, o sistema xeral de equipamentos, e o sistema xeral de infraestruturas de redes de servizos, así como os núcleos de poboación existentes no municipio.
- Planos de clasificación do solo.
- Planos de delimitación dos sectores de solo urbanizable e dos ámbitos de solo urbano non consolidado suxeitos á realización de operacións de reforma interior,así como das posibles áreas de actuación integral en núcleo rural.
b.2 Planos de ordenación do solo urbano, a escala mínima 1:2.000, que recollan, cando menos:
- Determinación do seu ámbito concreto a partir da delimitación do seu perímetro; diferenciación do solo urbano consolidado do solo urbano non consolidado, con expresión das súas superficies.
b.3 Planos de ordenación do solo urbano consolidado, a escala mínima 1:2.000 referidos aos seguintes extremos:
- A delimitación dos espazos libres e zonas verdes existentes e previstas,
reflectindo o seu carácter público ou privado.
- Emprazamento dos equipamentos existentes e previstos, sinalando o seu carácter público ou privado.
- Trazado e características da rede viaria e o trazado do viario de conexión cos sistemasxerais, de ser o caso.
- Trazado e características das redes de servizos que o Plan prevexa, así como as conexións previstas cos sistemas xerais.
b.4 Planos de ordenación do solo de núcleo rural, a escala mínima 1:2.000, que poderán incorporarse ao análise do modelo de asentamento poboacional, referidos aos seguintes extremos para cada núcleo:
- Delimitación do seu perímetro
, con expresión do grao de consolidación.
- Categorización do solo de núcleo rural, diferenciándose o solo de núcleo rural histórico do común.
- Delimitación das áreas de actuación integral no núcleo,no caso de que o Plan as estableza, e dos polígonos correspondentes.

- Trazado e características da rede viaria.
- Trazado e características das redes de servizos que o Plan prevexa, de ser o caso.
b.5 Planos de ordenación xeral do solo urbano non consolidado e do solo urbanizable,a escala mínima 1:5.000,referidos aos seguintes extremos:
- Ámbito delimitado para cada sector de solo urbanizable e para cada ámbito de solo urbano non consolidado, con expresión da súa superficie.
- Desenvolvemento dos sistemas da estrutura xeral do territorio afectos ao ámbito ou sector.

- Emprazamento dos centros de servizo e trazado das redes fundamentais de servizos que prevexa o Plan.
- Asignación de usos usos globais nas diferentes zonas coas súas intensidades.
b.6 Planos de ordenación do solo rústico, a escala mínima 1:5.000, con expresión das distintas clases e categorías de solo e as subdivisións que se leven a cabo en cada unha delas.


Como se pode ver, a documentación que debe conter un borrador de Plan Xeral segundo este Anteproxecto, que se prevé aprobar este ano, é bastante máis extensa e profunda que a entregada polo Goberno Municipal á Corporación. Isto non se trata, en absoluto, dun mero formalismo legal. Por unha banda, expoñer un “borrador” sen ningún tipo de seguridade xurídica, que non sabemos se se axusta á normativa (non hai memoria de cumprimento da lexislación vixente, que mudou de forma substancial dende o 2014), é confundir aos veciños e veciñas de Gondomar cun documento que non se parecerá en nada ao que se enviará á Xunta. Por suposto, sería interesante e produtivo deseñar procesos de participación cidadá previamente á elaboración da proposta, pero nese caso, deberíase evitar que o debate se centrara nos intereses individuais (totalmente lexítimos, pero que corresponden a unha fase posterior da redacción) para falar do colectivo, por exemplo, das necesidades de espazos libres e equipamentos nas parroquias, totalmente infradotadas con respecto ao núcleo urbano e sobre as que non hai ningún tipo de reflexión nesta proposta (segundo a empresa redactora, ningunha parroquia menos Morgadáns solicitou expresamente espazos colectivos, polo tanto é que non se necesitan, e centráronse todos no núcleo urbano).

Por outro lado, segundo o Goberno Municipal, as memorias redactaranse a posteriori a fin de adaptalas ás achegas que se fagan mediante o debate público, o que carece totalmente de sentido común. Precisamente as memorias son a análise na que se fundamenta a proposta, e non ao revés. Estas inclúen aspectos totalmente independentes do debate veciñal, como son a previsión de poboación e de vivenda ou a a xustificación da normativa sectorial (enumerada no Anexo), que é necesario coñecer antes de facer unha proposta de ordenación para Gondomar. Doutra forma, sen unha análise profunda do existente nin rigor nas previsións, en que se basea a proposta? Que criterios de ordenación se seguen? Hai con este PXOM unha idea de futuro para Gondomar ou non hai nada máis alá de marcar terreos urbanizables e non urbanizables?

Temos que empezar a pensar no Plan Xeral de Ordenación Municipal, o documento máis importante (e caro) que redacta unha administración local, como un instrumento multisciplinar que vai moito más alá das competencias da Concellería de Urbanismo. Un análise profundo do noso territorio non só nos permitiría que a proposta, en lugar de ser arbitraria e subxectiva, se fundamentase nunha base sólida, senón que permitiría coñecer e polo tanto conservar mellor o noso patrimonio e xerar riqueza e oportunidades económicas para o noso municipio.

Seguindo un procedemento totalmente alleo ao que marca a nova Lei do Solo non só non se vai acelerar o proceso de aprobación do PXOM do noso concello, senón que imos xerar confusión na poboación, expoñendo un “borrador” que non sabemos nin se se axusta á normativa, sen ningún tipo de seguridade xurídica e que polo tanto pode mudar completamente. É un desprezo total e absoluto ao urbanismo, que require do coñecemento profundo do territorio e da sociedade que o habita para elaborar calquera proposta de xeito serio e rigoroso.

CONCLUSIÓNS

Dende Gondomar Concello Aberto consideramos que o Plan Xeral debe redactarse seguindo o procedemento que marca a Lei do Solo en vigor, é dicir, empezando por un borrador do plan co contido necesario para a súa análise urbanística e dun documento inicial estratéxico (que en ningún caso son os documentos que nos foron entregados). Non seguir estes pasos só fará retrasar e enredar o proceso de aprobación do PXOM (xa de por si complexo), tanto cara á tramitación administrativa como á opinión pública. Non ten sentido ningún pedir á veciñanza que faga achegas a un documento sen validez e que dentro duns meses volva a facelas ao borrador que se presentará á Xunta de Galicia. Se se pretende facer partícipe á poboación no proceso de redacción dende o inicio, hai outras vías de facelo, como xa indicamos, e van, neste primeiro paso, por enfocar o debate nas necesidades colectivas.

Entendemos, polo tanto, que non cabe valorar unha proposta sen ningún tipo de reflexión nin análise previo, e que ademais, non ten ningún recorrido legal, e consideramos que é necesario e urxente comezar, canto antes, unha redacción do Plan Xeral de Gondomar rigorosa, participada e axustada á normativa vixente, con criterios urbanísticos integradores, solidarios e sustentables. No momento no que o Goberno nos entregue o preceptivo borrador co contido necesario para a súa análise urbanística, e o documento inicial estratéxico que marca a normativa de aplicación, este Grupo Municipal analizará, valorará e fará achegas aos mesmos, sempre co obxectivo de construír o mellor Gondomar posible para todos e todas.

ANEXO: MARCO NORMATIVO

URBANISMO E ORDENACIÓN DO TERRITORIO

MARCO EUROPEO
  • Carta europea de Ordenación del territorio, aprobada o 20 de maio de 1983 en Torremolinos.
  • Principios directores para o Desenrolo territorial sustentable do continente europeo, adoptados en Hannover en 2000.
  • Declaración de Lisboa sobre “Redes para o desenrolo territorial sostible do continente europeo: Pontes a través de Europa”, adoptada en Lisboa o 27 de outubro de 2006.
  • Declaración de Liubliana sobre a Dimensión territorial do desenrolo sustentable, de 2003.
  • Ditame sobre a Comunicación da Comisión relativa á cooperación para a ordenación do territorio europeo – Europa 2000 + (DOCCE 02/04/1996).
  • Resolución sobre unha política comunitaria de ordenación do territorio Europa 2000 (DOCCE 02/11/1992).
MARCO ESTATAL
  • Real Decreto Lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Solo e Rehabilitación urbana.
  • Real Decreto 2158/1978, do 23 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Planeamento para o desenrolo e aplicación da Lei sobre Réxime do solo e ordenación urbana.
  • Real Decreto 3288/1978, do 25 de agosto, polo que se aproba o Regulamento de Xestión urbanística Planeamento para o desenrolo e aplicación da Lei sobre Réxime do solo e ordenación urbana.
MARCO AUTONÓMICO
  • Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.
  • Lei 10/1995, do 23 de novembro, de Ordenación del territorio de Galicia.
  • Decreto 19/2011, do 10 de febreiro, polo que se aproban definitivamente as Directrices de ordenación do territorio.
  • Decreto 20/2011, do 10 de febreiro, polo que se aproba definitivamente o Plan de Ordenación do Litoral de Galicia.
  • Decreto 28/1999, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de disciplina urbanística para o desenvolvemento e aplicación da Lei do Solo de Galicia.

ACCESIBILIDADE

MARCO ESTATAL
  • Real Decreto Lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social.
  • Orde VIV 561/2010, do 1 de febreiro, pola que se desenvolve o documento técnico de condicións básicas de accesibilidade e non discriminación.
MARCO AUTONÓMICO
  • Lei 10/2014, de 3 de decembro, de accesibilidade.
  • Lei 8/1997, do 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras (derrogada agás no relativo ao parágrafo primeiro do apartado 1 do artigo 40 e no apartado 1 do artigo 44).
  • Decreto 35/2000, do 28 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento.

AVALIACIÓN, RESPONSABILIDADE E ACCESO Á INFORMACIÓN AMBIENTAL

MARCO EUROPEO
  • Convenio sobre o acceso á información, a participación do público na toma de decisións e o acceso á xustiza en asuntos ambientais, firmada o 25 de xuño de 1998, ratificada o 29 de decembro de 2004 (DOUE 17/05/2005).
  • Directiva 2004/35/CE, do 21 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, sobre responsabilidade medioambiental en relación coa prevención e reparación de danos medio ambientais (DOUE 30/04/2004).
  • Directiva 2003/35/CE, do 26 de maio, pola que se establecen as medidas para a participación do público na elaboración de determinados plans e programas relacionados co ambiente e pola que se modifican, no que se refire á participación do público e o acceso á xustiza, as Directivas 85/337/CE e 96/61/CE do Consello (DOCE 25/06/2003).
  • Directiva 2003/04/CE, do 28 de xaneiro, do Parlamento Europeo e do Consello, relativa ao acceso ao público da información medioambiental e pola que se derroga a Directiva 90/313/CEE do Consello (DOCE 14/02/2003).
  • Directiva 2001/42/CE, do 27 de xuño, do Parlamento Europeo e do Consello relativa á avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente (DOCE 21/07/2001).
  • Decisión 1411/2001/CE, do 27 de xuño, do Parlamento Europeo e do Consello relativa a un marco comunitario de cooperación para o desenvolvemento sostible no medio urbano (DOCE 13/07/2001).
MARCO ESTATAL
  • Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.
  • Lei 26/2007, do 23 de outubro, de Responsabilidade medioambiental.
  • Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os Dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente.
  • Lei 21/2013, do 9 de decembro, de Avaliación ambiental.
  • Real Decreto 2090/2008, do 22 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de Desenvolvemento parcial da Lei 26/2007.

PROTECCIÓN DA NATUREZA E PAISAXE

MARCO EUROPEO
  • Convenio europeo da paisaxe (número 176 do Consello de Europa), feito en Florencia o 20 de outubro de 2000 e instrumento de ratificación do Estado español (BOE 5/2/2008).
  • Decisión 93/626/CEE, do 25 de outubro, do Consello relativa á celebración do Convenio sobre a diversidade biolóxica (DOUE 13/12/1993).
  • Directiva 92/43/CEE, do 21 de maio, do Consello relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres (DOUE 22/07/1992).
  • Directiva 79/409/CEE, do 2 de abril, do Consello relativa á conservación das aves silvestres.
  • Directiva 2009/147/CE, do 30 de novembro, relativa á conservación das aves silvestres.
  • Regulamento (UE) 1143/2014, do 22 de outubro de 2014, sobre a prevención e a xestión da introdución e propagación de especies exóticas invasoras.
MARCO ESTATAL
  • Lei 42/2007, do 13 de decembro, do Patrimonio natural e da biodiversidade.
  • Real Decreto 630/2013, do 14 de novembro, polo que se regula o listado e catálogo español de especies exóticas invasoras.
  • Real Decreto 1803/1999, do 26 de novembro, polo que se aproba o plan director da rede de parques nacionais.
  • Real Decreto 1421/2006, do 1 de decembro, polo que se modifica o Real Decreto 1997/1995, do 7 de decembro, polo que se establecen medidas para contribuír a garantir a biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e da flora e fauna silvestres.
  • Real Decreto 1193/1998, do 12 de xuño, polo que se modifica o Real Decreto 1997/1995, do 7 de decembro, polo que se establecen medidas para contribuír a garantir a biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e da flora e fauna silvestres.
  • Real Decreto 1997/1995, do 7 de decembro, polo que se establecen medidas para contribuír a garantir a biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e da flora e fauna silvestres.
MARCO AUTONÓMICO
  • Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia.
  • Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza.
  • Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o catálogo galego de árbores senlleiras.
  • Orde do 3 de outubro de 2011 pola que se actualiza o catálogo galego de árbores senlleiras.
  • Decreto 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados espazos como zonas de especial protección dos valores naturais.
  • Decreto 82/1989, do 11 de maio, polo que se regula a figura de espazo natural en réxime de protección xeral.
  • Decreto 88/2007, do 19 de abril, polo que se regula o Catálogo galego de especies ameazadas.
  • Decreto 167/2011, do 4 de agosto, polo que se modifica o Decreto 88/2007, do 19 de abril, e se actualiza o dito catálogo.
  • Resolución do 28 de novembro de 2011, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se delimitan as áreas prioritarias de reprodución, de alimentación, de dispersión e de concentración local de aves incluídas no Catálogo galego de especies ameazadas, e se dispón a publicación das zonas de protección existentes na Comunidade Autónoma de Galicia en que serán de aplicación medidas para a protección da avifauna contra a colisión e a electrocución en liñas eléctricas de alta tensión.
  • Decreto 127/2008, do 5 de xuño, polo que se desenvolve o réxime xurídico dos humidais protexidos e créase o Inventario de humidais en Galicia.
  • En elaboración: Catálogo das paisaxes de Galicia.

RESIDUOS

MARCO EUROPEO
  • Directiva 2008/98/CE, do 19 de novembro, do Parlamento Europeo e do Consello sobre os residuos (DOUE 22/11/2008).
  • Directiva 1999/31/CE, do 26 de abril, do Consello relativa á vertedura de residuos (DOUE 16/07/1999).
  • Directiva 1994/62/CE, do 20 de decembro, do Parlamento Europeo e do Consello relativa aos envases e os residuos (DOCE 31/12/1994); modificada pola Directiva 2004/12/CE, do 11 de febreiro, do Parlamento Europeo e do Consello (DOUE 18/02/2004) e pola Directiva 2005/20/CE, do 9 de marzo, do Parlamento Europeo e do Consello (DOUE 16/03/2005).
  • Regulamento (CE) 1013/2006, do 14 de xuño, do Parlamento Europeo e do Consello, relativo ao traslado de residuos (DOUE 12/07/2006); modificado pola Directiva 2009/31/CE do 23 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, relativa ao almacenamento xeolóxico do dióxido de carbono (DOUE 05/06/2009).
MARCO ESTATAL
  • Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados.
  • Real Decreto 105/2008, do 1 de febreiro, polo que se regula a produción e xestión dos residuos de construción e demolición.
  • Real Decreto 952/1997, do 20 de xuño, polo que se modifica o Regulamento da execución da Lei 20/1986, do 14 de maio.
  • Real Decreto 833/1988, do 20 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de execución da Lei 20/1986, do 14 de maio, básica de residuos tóxicos e perigosos.
MARCO AUTONÓMICO
  • Lei 10/2008, do 3 de novembro, de residuos de Galicia.
  • Decreto 59/2009, do 26 de febreiro, polo que se regula a rastrexabilidade dos residuos.
  • Decreto 174/2005, do 9 de xuño, polo que se regula o réxime xurídico da produción e xestión e o Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia.

ATMOSFERA E CAMBIO CLIMÁTICO

MARCO EUROPEO
  • Regulamento (CE) 1005/2009, do 16 de setembro, do Parlamento Europeo e do Consello, sobre as substancias que esgotan a capa de ozono (DOUE 31/10/2009).
  • Decisión 406/2009/CE, do 23 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, sobre o esforzo dos Estados membros para reducir as súas emisións de gases efecto invernadoiro a fin de cumprir os compromisos adquiridos pola Comunidade ata 2020 (DOUE 05/06/2009).
  • Directiva 2008/01/CE, do 15 de xaneiro, do Parlamento Europeo e do Consello relativa á prevención e ao control integrados da contaminación (DOUE 29/01/2008).
  • Directiva 2008/50/CE, do 21 de maio, do Parlamento Europeo e do Consello relativa á calidade do aire ambiente e a unha atmosfera máis limpa en Europa (DOUE 11/06/2008).
  • Directiva 2004/107/CE do Parlamento Europeo e do Consello do 15 de decembro de 2005, relativa ao arsénico, o cadmio, o mercurio, o níquel e os hidrocarburos aromáticos policíclicos no aire ambiente (DOUE 26/01/2005).
  • Directiva 2002/3/CE do Parlamento Europeo e do Consello de 12 de febreiro de 2002, relativa ao ozono no aire ambiente (DOUE 09/03/2002).
  • Directiva 1999/30/CE, do 22 de abril, do Consello relativa aos valores límite de dióxido de xofre, dióxido de nitróxeno e óxidos de nitróxeno, partículas e chumbo no aire ambiente, (DOUE 29/06/1999); modificada pola Decisión da Comisión 2001/744/CE, de 17 de outubro (DOUE 23/10/2001).
  • Directiva 96/62/CE, do 27 de setembro, do Consello sobre avaliación e xestión da calidade do aire ambiente (DOCE 21/11/1996); modificada polo Regulamento (CE) 1882/2003, do 29 de setembro, do Parlamento Europeo e do Consello (DOUE 31/10/2003).

MARCO ESTATAL
  • Lei 34/2007, do 15 de novembro, de calidade do aire e protección da atmosfera.
  • Real Decreto 102/2011, do 28 de xaneiro, relativo á mellora da calidade do aire.
  • Real Decreto 9/2005, do 14 de xaneiro, polo que se establece a Relación de actividades potencialmente contaminantes do solo e os criterios e estándares para a declaración de solos contaminados.
MARCO AUTONÓMICO
  • Lei 8/2002, do 18 de decembro, de protección do ambiente atmosférico de Galicia.
  • Orde do 3 de novembro de 2010 pola que se regula o outorgamento da autorización de gases de efecto invernadoiro, a considerar como instalación de baixas emisións e a solicitude de exclusión de instalacións de pequeno tamaño para o período 2013-2020.
  • Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia.

CONTAMINACIÓN ACÚSTICA

MARCO EUROPEO
  • Directiva 2002/49/CE, do 25 de xuño, do Parlamento Europeo e do Consello, sobre avaliación e xestión do ruído ambiental (DOCE 18/07/2002).
  • Recomendación da Comisión, do 6 de agosto de 2003, relativa ás Orientacións sobre os métodos de cálculo provisionais revisados para o ruído industrial, procedente de aeronaves, do tráfico rodado e ferroviario, e os datos de emisións correspondentes.
MARCO ESTATAL
  • Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído.
  • Real Decreto 1367/2007, do 19 de outubro, pola que se desenvolve a Lei 37/2003, do 17 de novembro, no referente a zonificación acústica, obxectivos de calidade e emisións acústicas.
  • Real Decreto 1513/2005, do 16 de decembro, pola que se desenvolve a Lei 37/2003, no referente á avaliación e xestión do ruído ambiental.
MARCO AUTONÓMICO
  • Decreto 106/2015, do 9 de xullo, sobre contaminación acústica de Galicia.

CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA

MARCO EUROPEO
  • Resolución do Parlamento Europeo sobre as Consideracións sanitarias relacionadas cos campos electromagnéticos do 2 de abril de 2009.
MARCO ESTATAL
  • Lei 9/2014, do 9 de maio, Xeral de Telecomunicacións.
  • Real Decreto 1066/2001, do 28 de setembro, polo que se aproba o Regulamento que establece as Condicións de protección do dominio público radioeléctrico, restricións ás emisións radioeléctricas e medidas de protección sanitaria fronte a emisións radioeléctricas.

PATRIMONIO CULTURAL

MARCO ESTATAL
  • Lei 16/1985, do 25 de xuño, do Patrimonio histórico español.
  • Real Decreto 111/1986, do 10 de xaneiro, de desenvolvemento parcial da Lei 16/1985.
  • Lei 10/2015, do 26 de maio, para a salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial.
  • Decreto 449/1973, do 22 de febreiro, polo que se colocan baixo protección do Estado os «hórreos» ou «cabazos» antigos existentes en Asturias e Galicia.
MARCO AUTONÓMICO
  • Lei 5/2016, de 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
  • Decreto 232/2008, do 2 de outubro, sobre o Inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia.

AUGAS

MARCO EUROPEO
  • Directiva 2000/60/CE, do Parlamento Europeo e do Consello, do 23 de outubro de 2000, pola que se establece un marco comunitario de actuación no ámbito da política de augas.
  • Directiva 91/271/CEE, do Consello, do 21 de maio, sobre o tratamento das augas residuais urbanas.
MARCO ESTATAL
  • Real Decreto 1514/2009, do 2 de outubro, polo que se regula a protección das augas subterráneas contra a contaminación e o deterioro.
  • Real Decreto Lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Augas.
  • Real Decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do Dominio Público Hidráulico, que desenvolve os títulos preliminar, I, IV, V, VI e VII da Lei 29/1985, de 2 de agosto, de Augas.
  • Real Decreto 817/2015, do 11 de setembro, polo que se establecen os criterios de seguimento e avaliación do estado das augas superficiais e normas de calidade ambiental.
  • Real Decreto Lei 11/1995, do 28 de decembro, polo que se establecen as normas aplicables ao tratamento das augas residuais urbanas.
  • Real Decreto 907/2007 do 6 de xullo polo que se aproba o Regulamento da Planificación hidrolóxica.
  • Real Decreto 509/1996, do 15 de marzo, de desenvolvemento do Real Decreto Lei 11/1995, do 28 de decembro, polo que se establecen as normas aplicables ao tratamento das augas residuais urbanas.
  • Real decreto 11/2016, do 8 de xaneiro, polo que se aproban os plans hidrolóxicos das demarcacións hidrográficas de Galicia-Costa, das bacías mediterráneas andaluzas, do Gaudalete-Barbate e do Tinto, Odiel e Piedras.
MARCO AUTONÓMICO
  • Lei 9/2010, de 4 de novembro, de augas de Galicia.
  • Decreto 59/2013, do 14 de marzo, polo que se desenvolve a Lei 9/2010, de 4 de novembro, de Augas de Galicia, en materia de execución e explotación de infraestruturas hidráulicas.
  • Orde do 29 de xaneiro de 2016 pola que se dispón a publicación da normativa do Plan hidrolóxico da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa.
  • Resolución do 28 de xaneiro de 2013 pola que se revisa a declaración de zonas sensibles no ámbito territorial das bacías hidrográficas de Galicia-Costa.

TELECOMUNICACIÓNS

MARCO ESTATAL
  • Lei 9/2014, do 9 de maio, de Telecomunicacións.
MARCO AUTONÓMICO
  • Lei 3/2013, do 20 de maio, de impulso e ordenación das infraestruturas de telecomunicacións de Galicia.

ESTRADAS

MARCO EUROPEO
  • Directiva 2008/68/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de setembro de 2008, sobre o transporte terrestre de mercadorías perigosas.

MARCO ESTATAL
  • Lei 37/2015, do 29 de setembro, de Estradas.
  • Real Decreto 1812/1994, do 2 de setembro, Regulamento Xeral de Estradas.
  • Real Decreto 1211/1990, do 28 de setembro, polo que se aproba a Lei de Ordenación dos Transportes Terrestres.

MARCO AUTONÓMICO
  •  Lei 8/2013, do 28 de xuño, de Estradas de Galicia.

AEROPORTOS

MARCO ESTATAL
  • Lei 48/1960, do 21 de xullo, de Navegación Aérea.
  • Real Decreto 2591/1998, do 4 de decembro, sobre a Ordenación dos Aeroportos de Interese Xeral e a súa Zona de Servizo.
  • Orde FOM/2585/2010, do 30 de xuño, pola que se aproba o Plan Director do Aeroporto de Vigo.
  • Real Decreto 297/2013, do 26 de abril, polo que se modifica o Decreto 584/1972, do 24 de febreiro, de Servidumes Aeronáuticas e polo que se modifica o Real Decreto 2591/1998, de 4 de decembro, sobre a Ordenación dos Aeroportos de Interese Xeral e a súa Zona de Servizo, en execución do disposto polo artigo 166 da Lei 13/1996, do 30 de dicembro, de Medidas Fiscais, Administrativas e de Orde Social.

MONTES

MARCO ESTATAL
  • Lei 43/2003, do 21 de novembro, de Montes.
  • Decreto 485/1962, do 22 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de Montes.
MARCO AUTONÓMICO
  • Lei 7/2012, do 28 de xuño, de Montes de Galicia.
  • Lei 13/1989, do 10 de outubro, de Montes veciñais en man común.
  • Decreto 52/2014, do 16 de abril, polo que se regulan as instrucións xerais de ordenación e de xestión de montes de Galicia.
 MINERÍA

MARCO ESTATAL
  • Lei 22/1973, do 21 de xullo, de Minas.
MARCO AUTONÓMICO
  •  Lei 3/2008, do 23 de maio, de Ordenación da minería de Galicia.

Gondomar, a 15 de xuño de 2016

1.7.16

Convocatoria de Asamblea Ordinaria o 2 de xullo

Convócase á Asamblea de Gondomar Concello Aberto para o sábado día 2 de xullo ás 19:30 horas no 
Centro Neural de Gondomar coa seguinte orde do día:


  1. Lectura e aprobación do acta da Asemblea anterior.
  2. Procedemento de Comunicación con CABE grupo municipal e CABE partido.
  3. CDL (Sede asignada a CABE): Organización do funcionamento do CDL.
  4. Organización da ASEMBLEA.
  5. URBANISMO. Posición do Grupo Municipal de CABE e partido político CABE fronte ao PXOM.
  6. COMUNICACIÓN. Grupo de traballo de Comunicación: Planificación, resultados e melloras. Distribución do boletín.
  7. RENOVACIÓN da MESA. Novos 2 candidatos para renovación da mesa actual e aprobación.
  8. ELECCIÓNS 26 XUÑO. Análise de resultados electorais e incidencias.
  9. Outros asuntos, rogos e preguntas.