22.5.15

Pura González Martínez

Presento a miña candidatura a Gondomar Concello Aberto para dar a cara por esta iniciativa política. Levo moitos anos ansiando unha opción política de unidade dende a esquerda, non só para o concello senón para todas as Administracións, e Gondomar Concello Aberto é todo o que puidemos conseguir.

Mágoa que non sexa a unidade de todas as opcións políticas de esquerda, pero os e as que aquí estamos intentámolo ate o final. Mágoa! Quero manifestar que para min a esquerda é irremediablemente nacionalista. E quero decir que se goberna quen goberna é porque nós llo permitimos, co noso voto, coa nosa abstención, co noso desleixo, coa nosa desunión.... Os que gobernan agora non son maioría, son minoría unida, e moi unida, por intereses espurios.