18.10.16

Nota de prensa sobre verquido no río Zamáns

NOVO VERQUIDO DE FECAIS AO RÍO ZAMANS EN VINCIOS.

O pasado 27 de setembro, Gondomar Concello Aberto denunciou un verquido de augas fecais orixinado no colector de saneamento do Zamáns á altura do barrio de Rocha na parroquia de Vincios, concretamente na Ponte do Seixidal a 100 metros cara Zamans. No entronque entre o colector principal e o ramal secundario.

Dende Gondomar Concello Aberto pedíramoslle ao goberno municipal, Concellaría de Infraestruturas e Servizos Básicos que tomara cartas no asunto, avaliara os seus efectos, minimizara o seu impacto e puxera os medios necesarios para que non se volvera producir.

Nada disto fixo o incompetente goberno municipal, que obviou o asunto, e seguiu tranquilamente paseando polo facebook e demais redes sociais.

Froito deste pasotismo e inacción do Sr.Alcalde e concelleir@s responsables é que o verquido de augas fecais volveuse producir estes días (achegamos de fotos da desfeita ocasionada).

Tendo en conta que no pasado Pleno Ordinario do mes de outubro, que se celebrou o pasado día 6, preguntamos por este asunto sen que o Sr.Alcalde se dignase nin tan sequera a contestar.

E de que existe na parroquia de Vincios unha evidente e lóxica alarma e preocupación por estes verquidos continuados nas beiras e no propio río Zamáns. Co agravante da súa localización, debemos ter en conta a situación da area de verquido que por estar situada na zona alta do cauce afecta a gran parte do curso do río e a propia Foz do Miñor. Xerando un problema medioambiental e de saúde pública.

É por polo que Gondomar Concello Aberto presentará unha Moción no Pleno de Novembro para tratar este asunto e darlle unha solución.

Gondomar. 14 de outubro de 2016
Pauliño del Río Iglesias.
Voceiro do Grupo Municipal de Gondomar Concello Aberto.

Nova denuncia de verquido no río Zamáns

Un veciño informounos de novos verquidos no Zamáns e enviounos fotos, das que anexamos algunha.

Recordamos que nestes casos o conveniente é facer o seguinte: ante calquera verquido na foz do Miñor, dende Zamáns ata a desembocadura, compre avisar ao 112 (normalmente van ao lugar e toman datos e é a maneira de que quede constancia "oficial"· do verquido. Logo enviar a foto á plataforma polas Defensa da Foz, ao enderezo https://polaprotecciondafozdominor.wordpress.com/manifesto-de-inquedanzas/



Dende CABE, se tamén nos informades, podemos canalizar a denuncia e facela pública.


Convoctoria de Asemblea Veciñal o 22 de outubro



A mesa da asemblea convoca á  Asemblea de CABE o vindeiro sábado 22 de outubro de 2016 ás 19:00 no centro Neural co a seguimte orde do día.

Orde do dia :

1-Lectura e aprobación da acta da sesión anterior, se procede.
2-Informes dos concelleiros e concelleiras á asemblea.
3-Renovación da mesa.
4-Información axeitamento documentación de CABE á lei vixente
5-Comisión de contas. Estado das mesmas e colaboración.
6-Propostas da mesa relativas á trasparencia, da sesión anterior.
7-Grupo de comunicación: Boletín de CABE (proposta de Eli)
8-Proposta de integración de CABE na plataforma anti TTIP
9-CABE e EN MAREA.
10--Rogos e preguntas