Fita Carrera Rodríguez.
Penso que a xente que ten responsabilidades políticas debe ter a capacidade de escoitar a quen representan. Debe escoitar cales son as súas necesidades e incorporalas aos seus ámbitos de xestión. Vou nesta candidatura porque penso que este movemento veciñal de unidade, Gondomar Concello Aberto, está inspirado nesta maneira de entender a política.