31.12.15

Basta de violencia machista

Ante o novo e brutal asasinato dunha muller, esta vez no concello de Mos e polas contínuas peticións de facer actos de repulsa no Val Miñor, diferentes organizacións feministas do Val Miñor queremos mostrar a nosa máis enérxica loita contra a violencia machista polo que nos imos concentrar no Parque da Ramallosa, o xoves día 31, ás 18 horas.

O machismo mata, non sexas cómplice!

Abur, 2015!

Remata 2015 e fainos pensar que hai un ano non estabamos aquí e moitas das persoas que nos fomos incorporando nin sequera soñabamos con isto. Fomos xuntando as ganas de cambiar o concello desde moitas posturas e lugares diferentes e creamos Gondomar Concello Aberto
Creamos unha candidatura de vinte e oito  persoas e unha asemblea chea de ilusión, traballo e forza e obtivemos representantes que están no goberno municipal. Tamén temos e tivemos erros pero o que nos define é a nosa diversidade e que sempre hai alguén cunha nova contribución.
Esperamos seguir aprendendo no 2016, facelo mellor e seguir contando con vós.

Unha aperta.

12.12.15

VIII Premio de Poesía Victoriano Taibo

Hoxe, 12 de decembro, ás 19:30 horas, terá lugar no auditorio municipal Lois Tobío de Gondomar a entrega do VIII Premio de Poesía Victoriano Taibo, convocado polo Instituto de Estudos Miñoranos e a Entidade Local de Morgadáns. Na gala participarán, ademais do gañador, o poeta Iñaki Varela Pérez, a escritora Marta Dacosta, o grupo de gaitas Balcón do Miñor, de Morgadáns, e o grupo de teatro afeccionado Bertorella, que porá en escena unha dramatización de Contos pequenos, obra inédita de Victoriano Taibo. A entrega física do galardón correrá a cargo do alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, e clausurará esta actividade, previsiblemente, o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero.
O certame literario pasa por un momento difícil, pois necesita o compromiso decido das administracións da zona para ter continuidade.
 Unha asociación de tanto mérito como Espazo Lectura manifesta o seu apoio á continuidade deste prestixioso Premio e anima ás súas socias e socios  a asistir a este acto.
Desde o grupo de comunicación difundimos esta proposta e convidamos a asistir a toda a cidadanía de Gondomar.

6.12.15

Programa e 20 propostas de En Marea

Velaquí a ligazón ás 20 propostas de En Marea e mais ao programa electoral para as eleccións xerais
do 20D.

Actividade prevista para o luns 7

Mañá, 7 de decembro, está previsto:

  • Ás 12:00, no Casino de Sabarís: xuntarnos para repartir dípticos.
  • Ás 17:00, na sede de CABE: 
  • Elaborar materiais de campaña
  • Facer fotos das persoas que se acheguen para utilizar ese material con frases na rede.

5.12.15

Xuntanza de En Marea

Alexandra Fernández e Josué Villarnúmero 1 e número 3 por Pontevedra de En Marea, reuníronse con activistas do Val Miñor na noitiña do venres 4 en Gondomar.
 

Entre outros e outras estaban Ximena Varela, concelleira de CABE,  José Cuevas, concelleiro de Nigrán Decide,  Rosa Pascual de Podemos Gondomar e X. M. Crego de Anova Val Miñor

Pegada de cartaces de En Marea

Mañá, domingo 6 de decembro, os simpatizantes de En Marea de Baiona, Nigrán e Gondomar, quedaremos ás 22:00 horas, nos respectivos concellos de cada municipio, como punto de reunión, para a pegada de cartaces.

Lembra:
  • Domingo 6 de decembro
  • Ás 22:00
  • Concellos de Baiona, Nigrán e Gondomar

Encontro con Josúe Villar, candidato ao Congreso por En Marea

O domingo 6 de decembro, ás 13:30, na Tapería O Druída, celebraremos un encontro-vermú con Josué Villar Ballesteros, candidato ao congreso, número tres na lista de En Marea, nas vindeiras eleccións do 20 de decembro. 

Lembra


  • Domingo 6 de decembro, ás 13:30
  • Tapería O Druida
    (Praza Mario Puentes, 8)
    Patos, Nigrán


3.12.15

En Marea

Mañá, venres 4 de Decembro, convocamos a toda a cidadanía disposta a traballar na campaña de En Marea para organizar o traballo de Campaña no Val Miñor. Tamén recibiremos a visitas das persoas que forman a  candidatura da provincia de  Pontevedra.
A xuntanza de organización de campaña será ás 20:00 na aula 06 do CDL de Gondomar (antigo Colexio Enrique Rodríguez Márquez) na Avenida do Conde s/n.
Esperamos contar coa vosa axuda e participación para o traballo de campaña.

Grazas e moita forza!

1.12.15

Apoio a En Marea

Na súa asemblea do sábado 28, Gondomar Concello Aberto, grupo de unidade popular participante no goberno de Gondomar,  decidíu apoiar a candiatura En Marea nas eleccións xerais do vindeiro 20 de decembro de 2015.

Convocatoria de Asemblea veciñal

Para as 20: 30 do mércores 2 de decembro está convocada a Asemblea veciñal na Casa da Cultura.


A orde do día é a seguinte
1. Lectura e aprobación da acta anterior
3. Estación de bombeo ("tanque de tormentas"): información e debate da situación actual
4. Varios
2. Renovación da mesa