25.3.15

Convocatorias

Este xoves 26 contra ás 20:00 e no Centro Neural de Gondomar xuntarémonos para traballar nas listas de candidatos. Lembrade que o prazo de presentación d@s mesm@s o  remata o domingo 29.
A idea é informar e animar á xente para que participe no proceso.

Así mesmo,  trataremos brevemente o tema do financiamento.

E o venres 27, ás 17:00, e tamén no Centro Neuralobradoiro de pancartas e camisetas de Gondomar Concello Aberto

Esperamos a vosa presenza.


22.3.15

Convocatorias

A vindeira xuntanza do Grupo de elaboración programática será o martes 24, ás 19:00 no Restaurante La Vitrola.

19.3.15

Convocatorias

Este venres, día 20, contras ás 20:00 e no Centro Neural de Gondomar, 3ª xuntanza do Grupo de comunicación.

15.3.15

Convocatorias

A próxima reunión do Grupo de comunicación será o vindeiro luns 16 de marzo ás 17:00 no Café Rañolas.
Estades todxs convidadxs!

A próxima reunión do Grupo de traballo programático será o martes 17 de marzo de 19:00 a 21:00 no restaurante A Vitrola.
Estades todxs convidadxs!



Nota aclaratoria sobre o Regulamento das primarias

As datas citadas no  Regulamento das primarias serán modificadas pola comisión electoral ao longo desta semana, coa intención de aumentar os prazos e favorecer así unha mellor información e participación cidadá.

12.3.15

Convocatorias

Están en curso dúas convocatorias: 


Grupo traballo programático

A xuntanza do grupo de elaboración programática será o venres 13 de 16:30 a 18:30, no Vitrola en Gondomar. Estades todxs invitadxs. 

Grupo traballo comunicación

O sábado 14 ás 16:30 na porta do restaurante A Vitrola. Estades todxs convidadxs.

Por unha candidatura de unidade en Gondomar

10.3.15

Manifesto Fundacional de Gondomar Concello Aberto

Atravesa o noso país a esixencia dun tempo político novo. En moitos concellos, por medio de candidaturas de unidade popular, a cidadanía demanda  participación, transparencia e xestión ao servizo da maioría social. Nesta liña son moitos os veciños e veciñas de Gondomar que reclaman un cambio político profundo. Non se trata só de cambiar as persoas e os partidos, senón tamén de cambiar as formas de facer política, deixar as vellas prácticas e que a xente poida participar nas decisións que afectan a súa vida.

Comprometidos con este cambio nace Gondomar Concello Aberto,  coa confluencia de persoas sen filiación partidaria, o movemento social Asinantes por unha Agrupación de Electores, ANOVA e Esquerda Unida, para trasladar ao ámbito institucional os valores do progreso, soliedaridade, tolerancia, igualdade e apertura que caracterizan á nosa cidadanía.

En Gondomar Concello Aberto apostamos por un sistema transparente para o tratamento das finanzas públicas e pola satisfacción de dereitos básicos como o dereito ao traballo digno, á sanidade pública, gratuita e universal, ao ensino público, á vivenda e ao uso normalizado da nosa lingua.

Pensamos que o cambio é posible e que as próximas eleccións é o momento de levalo a cabo, polo que nos comprometemos a crear as ferramentas de participación veciñal necesarias para cumprir a máxima de gobernar obedecendo. 
Somos conscientes de que non vai ser unha tarefa fácil romper a tupida rede de intereses e clientelismos que dende hai anos funciona en Gondomar. Para conseguilo precisamos unha gran mobilización social  e a unidade das forzas que,  mantendo identidades e sensibilidades propias,  poñan en común o seu esforzo e estean dispostas a traballar xuntas ampliando os límites do noso sistema democrático municipal máis aló de votar cada catro anos.


A participación e a transparencia téñense que dar dende a constitución mesma da candidatura, por iso as listas determinaranse nunhas eleccións primarias abertas. Serán os veciños e veciñas os que decidan a candidatura, o código ético co que as persoas candidatas haberán de comprometerse e cumplir, o programa político a desenvolver e os sistemas de control  e participación ao longo da lexislatura.