11.5.15

Marcial Comesaña Figueras

Penso que é o momento de cambiar as cousas na política deste país. Penso que é o momento de que os veciños digamos ben alto que a política é cousa de todos e non só duns poucos. Penso que desta volta, igual que pasara coa chegada da democracia, os veciños de Gondomar temos a oportunidade de cambiar as cousas xuntándonos arredor dunha idea común para mudar o rumbo do concello: "O importante somos as persoas". As ideas partidistas deben quedar nun segundo plano.

Penso que esta é a mellor forma de honrar a un dos veciños que máis admirei sempre na parroquia e no concello. Un home sabio que xa non está con nós. Unha boa persoa, amigo das cousas e dos veciños de Vincios e mellor avó dos seus netos. Vai por ti, Néstor!