Olga López Alén
Vivín con moita decepción os últimos gobernos municipais. Gondomar necesita un cambio radical no Concello e o movemento Gondomar Concello Aberto éncheme de ilusión polo seu carácter unitario, polos seus principios programáticos e sobre todo polo impulso da implicación dos veciños e veciñas na elaboración dun programa que, entendo, pode potenciar as posibilidades da nosa vila.