Ante as declaracións do PSOE de
Gondomar en diferentes medios, nas que acusa ao concelleiro de Gondomar
Concello Aberto Josué Villar da perda dunha subvención correspondente a
consecución de mercados de excelencia cando era responsable de Formación,
Emprego e Dinamización Económica no goberno tripartito de Gondomar, queremos
manifestar o seguinte:
1. O PSOE de Gondomar minte
cunha grave acusación a un concelleiro do grupo municipal de CABE, que non
forma parte do goberno de Gondomar dende o 2 de febreiro de 2016, cando pasamos
a formar parte da oposición.
2. Dita subvención ven
recollida no DOGA do 14 de Xullo de 2016, cando CABE xa levaba meses fóra do
Goberno municipal, sendo os únicos responsables da tramitación da subvención no
momento da súa publicación o goberno bipartito que preside o sr. Alcalde de
Gondomar, Paco Ferreira.
3. Non deixa de
sorprendernos a obsesión do alcalde e o partido que lidera con Gondomar
Concello Aberto, chegando ata o punto de inventarse unha realidade alternativa
na que culpabiliza a un partido da oposición da súa mala xestión do goberno.
4. Dende CABE esiximos unha
retificación pública da información publicada nos medios e redes sociais por
parte do PSOE, na que minte gratuítamente aos veciños e veciñas de Gondomar,
como xa ven sendo habitual.
Gondomar, 22 de xuño de 2017.
Josué Villar Ballesteros
Grupo municipal de Gondomar
Concello Aberto