Convócase á Asamblea de Gondomar Concello Aberto para o sábado día 16 de xullo ás 19:00 horas en convocatoria única, no Centro Neural de Gondomar coa seguinte orde do día definitivo:
- Lectura e aprobación da acta da Asemblea anterior,
- Renovación da mesa. Revisión do número de persoas que teñen que conformala.
- Informacións dos concelleiros á Asemblea.
- Avaliación Eleccións 26 de xuño.
- Procedementos de transparencia de CABE
- Estado das Contas
- Manifesto dos alcaldes das mareas en relacións ás vindeiras eleccións autonómicas: análise e apoio, se procede.
- Grupo de Traballo sobre Participación Cidadá: comunicación a asemblea do documento elaborado.
- Rogos e preguntas,