Que a actual estrutura
que alberga a Unidade de Atención Primaria de Gondomar, Centro de Saúde, é claramente insuficiente é un feito por
todas constatado. Polo que se fai
imprescindible a construción dun novo centro de Atención Primaria, cun Plan
Funcional e un programa de espazos que dea resposta as necesidades asistenciais
actuais e poda acoller crecementos futuros. Non é o caso do novo Centro de
Saúde programado.
As
ratios comparativas así o poñen de manifesto, mentres en Nigran hai 1 medico
cada 1.277 pacientes, en Gondomar se eleva a 1 cada 1.715, en Pediatría mentres
que en Nigrán é de 1 por cada 755 nenos en Gondomar supera a tripla 1 para
2.267, en enfermería máis do mesmo mentres que no concello veciño é de 1 por
1.172 en Gondomar é de 1 por 2.027. Empeza a época das vacacións, empezaremos
coas restricións e peche de consultas. A Xunta e o Concello parecen non
concernidos por esta problemática. O Sr. Ferreira mofandose das concentracións
e o Sr. Concelleiro dando a calada por resposta, non tivo a ben nin tan sequera
contestar a solicitude de entrevista, avalada por 2.000 sinaturas.
Por
todo isto Gondomar Concello Aberto convocou onte sábado unha nova concentración
a prol dun Centro de Saúde digno para Gondomar que cubra as necesidades reais
de asistencia sanitaria para toda a poboación. Non estamos dispostos a asumir
os recortes da Sanidade Pública, nin imos asumir un Novo Centro de Saúde que
vai nacer xa cun déficit asistencial e sanitario. Seguiremos.
Gondomar, 3 de xuño de 2018.
Pauliño D. del Río
Iglesias.
Voceiro do Grupo
Municipal de Gondomar Concello Aberto.