GONDOMAR CONCELLO ABERTO , está a realizar unha campaña para que a
construción do novo Centro de Saúde recolla as necesidades e servizos
que demanda Gondomar e con capacidade para atender a toda a súa
poboación, con mocións no concello, recollida de firmas, solicitude de
entrevista co Conselleiro de sanidade, etc.
O próximo Sábado día 2 de xuño, vamos facer unha concentración as 12 da maña, diante do Centro de Saúde actual.
Por
este motivo, INVITAMOS a toda a cidadanía de Gondomar a asistir a
concentración, para conseguir o CENTRO DE SAÚDE que GONDOMAR NECESITA.