A Mesa de CABE, segundo se acordou en Asemblea ordinaria do día 20 de maio, convoca unha reunión o próximo día 3 de xuño ás 20:00h no Centro Neural (se houbese algún cambio informaríase do novo lugar de reunión), cun único punto na orde de día:
OBXECTO: Organización e planificación da campaña electoral que realizará En Marea sobre as Eleccións Xerais que se celebrará o próximo día 26 de Xuño.
- LUGAR: Centro Neural (salvo novo aviso)
- DÍA E HORA: Venres 3 de xuño ás 20:00h
- ROGO: Rógase a maior asistencia posible de tod@s para repartir o traballo xustamente