12.12.15

VIII Premio de Poesía Victoriano Taibo

Hoxe, 12 de decembro, ás 19:30 horas, terá lugar no auditorio municipal Lois Tobío de Gondomar a entrega do VIII Premio de Poesía Victoriano Taibo, convocado polo Instituto de Estudos Miñoranos e a Entidade Local de Morgadáns. Na gala participarán, ademais do gañador, o poeta Iñaki Varela Pérez, a escritora Marta Dacosta, o grupo de gaitas Balcón do Miñor, de Morgadáns, e o grupo de teatro afeccionado Bertorella, que porá en escena unha dramatización de Contos pequenos, obra inédita de Victoriano Taibo. A entrega física do galardón correrá a cargo do alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, e clausurará esta actividade, previsiblemente, o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero.
O certame literario pasa por un momento difícil, pois necesita o compromiso decido das administracións da zona para ter continuidade.
 Unha asociación de tanto mérito como Espazo Lectura manifesta o seu apoio á continuidade deste prestixioso Premio e anima ás súas socias e socios  a asistir a este acto.
Desde o grupo de comunicación difundimos esta proposta e convidamos a asistir a toda a cidadanía de Gondomar.