![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgKoOLLyhJYmBhBKfz-SQBeksW7mPfv629tDgO7GuohePgss5l5GvBIbinlJrPWc_NJ-JGdf3K-mlTVGtDRU7crsuy4tjZCE-tCZ62LTnQiW1DEFLY6ig9LN6rJVvXGv4OpwC18glmwQPU/s200/Captura+de+pantalla+2015-03-16+a+las+20.04.49.png)
Local, e as manifestacións feitas polo Sr. Alcalde Francisco Ferreira, Gondomar Concello Aberto quer manifestar o seguinte:
No Acordo de Goberno asinado polos tres partidos establecíase nidiamente que este acordo representa ética e moralmente un contrato coa cidadanía que responde a un tempo político novo.
Un tempo político novo alonxado da corrupción e a clientelismo e das políticas que xeraron e xeran desigualdade, recortes sociais, privatizacións e limitacións de dereitos e liberdades. Un novo tempo onde a cidadanía e os veciños sexan o núcleo central da acción de goberno.
Políticas, fotos e declaracións como as do Sr. Alcalde de Gondomar onte na inaguración das novas instalacións da Policía Local son radicalmente contrarias á ética e as compromisos adquiridos polo goberno e as formacións políticas que o sustentan ante a cidadanía e ante o pacto de goberno.
Dende Gondomar Concello Aberto non sabemos que lle debe o Sr. Ferreira ao ex Alcalde xulgado, condenado e inhabilitado para o exercicio de cargo público por prevaricación urbanística, e que representa a época máis negra da corrupción en Gondomar, dende logo Gondomar Concello Aberto, e a inmensa maioría da veciñanza, non lle debemos nada.
Tal vez o Sr. Ferreira considera que o goberno actual é un punto e seguido dos anteriores gobernos do PP, para nos é un punto e aparte.
Declaracións e fotos como as de onte NON NOS REPRESENTAN e nos abochornan e así o queremos manifestar publicamente.
Gondomar, 5 de setembro de 2015.
Asdo.: Pauliño del Río Iglesias.
Voceiro do Grupo Municipal de CABE.