![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgKoOLLyhJYmBhBKfz-SQBeksW7mPfv629tDgO7GuohePgss5l5GvBIbinlJrPWc_NJ-JGdf3K-mlTVGtDRU7crsuy4tjZCE-tCZ62LTnQiW1DEFLY6ig9LN6rJVvXGv4OpwC18glmwQPU/s200/Captura+de+pantalla+2015-03-16+a+las+20.04.49.png)
Ante a nova aparecida no
Atlántico Diario co gallo da inaguracion das novas
instalacións da Policia
Local, e as manifestacións feitas polo Sr. Alcalde
Francisco Ferreira, Gondomar Concello Aberto quer manifestar o seguinte:
No Acordo de Goberno asinado polos tres partidos establecíase nidiamente
que este acordo representa ética e moralmente un contrato coa cidadanía
que responde a un tempo político novo.
Un tempo político novo alonxado da corrupción e a clientelismo e das
políticas que xeraron e xeran desigualdade, recortes sociais, privatizacións e
limitacións de dereitos e liberdades. Un novo tempo onde a cidadanía e os
veciños sexan o núcleo central da acción de goberno.
Políticas, fotos e declaracións como as do Sr. Alcalde de Gondomar onte na
inaguración das novas instalacións da Policía Local son radicalmente
contrarias á ética e as compromisos adquiridos polo goberno e as
formacións políticas que o sustentan ante a cidadanía e ante o pacto de
goberno.
Dende
Gondomar Concello Aberto non sabemos que lle debe o Sr. Ferreira
ao ex Alcalde xulgado, condenado e inhabilitado para o exercicio de cargo
público por prevaricación urbanística, e que representa a época máis negra
da corrupción en Gondomar, dende logo
Gondomar Concello Aberto, e a
inmensa maioría da veciñanza, non lle debemos nada.
Tal vez o Sr. Ferreira considera que o goberno actual é un punto e seguido
dos anteriores gobernos do PP, para nos é un punto e aparte.
Declaracións e fotos como as de onte
NON NOS REPRESENTAN e nos
abochornan e así o queremos manifestar publicamente.
Gondomar, 5 de setembro de 2015.
Asdo.: Pauliño del Río Iglesias.
Voceiro do Grupo Municipal de CABE.