12.3.19
Eleccións primarias
Detectamos un erro na difusión da nosa convocatoria de primarias que non foi tan xeneralizada como pretendiamos. Para corrixilo a comisión electoral decidiu modificar as datas de presentación de candidaturas (ata o 18 de marzo) como a celebración das eleccións (o 30 de marzo). A asemblea celebrada onte ratificou esta decisión.
Tedes enlazado o regulamento destas primarias.
Para presentarvos hai que enviar á comision electoral (primariascabe2019@gmail.com) o formulario cuberto acompañado dunha fotografía tamaño carné e unha fotocopia do carné de identidade.