27.4.18

Rexeitamento ante a Sentenza de "La Manada"


Dende CABE queremos expresar o noso máis fondo rexeitamento ante a sentenza da Audiencia Provincial de Navarra, que condena aos cinco integrantes da autodenominada “La Manada” por un delito de abuso sexual, no canto de consideralo unha agresión sexual. A idea de que a situación de indefensión na que se atopaba a vítima non se considere un motivo de violencia ou intimidación é directamente un insulto a todas as mulleres e, en xeral, a calquera persoa cun mínimo de empatía. O veredicto resulta aínda máis aldraxante porque un dos maxistrados presenta un voto particular pedindo a libre absolución dos acusados.
Esta sentenza é unha demostración da xustiza patriarcal que padecemos acotío, ao poñer en cuestión as circunstancias persoais da vítima para xulgar o que é claramente unha violación en grupo, calculada e reiterada. Queremos pedir que se faga finalmente xustiza neste caso e que se poñan os medios para rematar cos estereotipos sexistas e para combater calquera tipo de agresión contra as mulleres.
NÓS SI TE CREMOS.