1.12.17

Homenaxe a Waldino Varela

Mañá, sábado, día 2 de decembro, ás 11'30 horas da mañá, no Audotorio de Abanca sito en Vigo (rúa Policarpo Sanz, nº 1), terá lugar unha homenaxe ao noso compañeiro WALDINO VARELA, memoria viva da loita obreira en Vigo.
O acto, que está previsto remate ás 13'00 horas, contará cunha curtametraxe de 55 minutos sobre a súa vida polítca e sindical e a intervención do coro Primeiro de Maio da Unión Comarcal de CCOO de Vigo. A curtametraxe foi realizada por Basilio Cegarra.
A entrada é libre para todo aquel que quera compartir este momento con él.