Os Centros de Saúde de Gondomar, Panxón e Nigrán estarán sen servizo de pediatría no inicio do mes
de decembro, durante case dúas semanas, dende o día 1 ao día trece de
decembro, no caso de Gondomar, desviando aos nenos e nenas e ás súas
familias ao Centro de Saúde da Xunqueira. Unha situación que se repite
con demasiada frecuencia ante baixas e outras incidencias do servizo.
Dende
Gondomar Concello Aberto levamos tempo reiterando a necesidade de
cubrir de forma coherente e racional as necesidades sanitarias do noso
concello.
Actualmente
está en fase de execución un novo Centro de Saúde de Gondomar, que
presenta unhas xeira de carencias , algunha graves, como que o noso
concello ten uns dos ratios mais altos tanto de Médicos de Familia como
en Pediatría. Na actualidade o centro non recolle a toda a poboación con
tarxeta sanitaria residente no Concello de Gondomar e unha parte
significativa da veciñanza ten que ser atendida noutros Centros de
Saúde.
Despois
de anos de retrasos, recortes e paralización do proxecto constructivo
produciuse unha nova licitación e adxudicación. E na primeira semana de
setembro deste ano, Xunta e Concello anuncian o inicio da construción do
edificio do novo Centro de Saúde. Os feitos son que a día de hoxe a
construción continúa paralizada, unha vez máis.
Un
centro, que ademais, está mal dimensionado e insuficiente e que nace xa
cun déficit dende o seu inicio. Está previsto para unha poboación de
10.280 usuarios, cando segundo os datos oficiais do mes de abril deste
ano do padrón municipal, Gondomar ten 16.085 habitantes. É dicir un 56%
máis de usuarios que os previstos no novo centro.
Os
estándares de consenso para este tipo de centros de atención primaria
son que debe haber unha pediatra por cada 800 nenos e nenos.
A
Gondomar lle corresponderían segundo este estandar 3 pediatras, xa que
existe unha poboación infantil de 0 a 15 anos de 2.212 nenos e nenas. No
actual e no proxectado novo Centro de Saúde se mantén 1 so facultativo.
Os
datos comparativos non deixan lugar a dúbidas, no Concello de Nigrán
hai 3 pediatras cunha poboación infantil de 2.267, a ratio de 1 médico
por cada 755 pacientes, en Gondomar cunha poboación infantil de 2.212
nenos e nenas hai e 1 pediatra, a ratio é de 1 médico por cada 2.212
pacientes. É intolerable e inxustificable.
Dende
Gondomar Concello Aberto recollimos e entregamos, no mes de xullo, na
Consellería de Sanidade dúas mil sinaturas para que se atendesen as
necesidades reais da poboación de Gondomar no novo Centro de Saúde e
fora dotado dos recursos de persoal sanitario e espazo que deran
cobertura as necesidades asistenciais da poboación de referencia e poder
acoller crecementos futuros. E solicitamos, unha entrevista co
concelleiro de Sanidade Sr. Vazquez Almuiña, á maior brevidade posíbel,
para tratar este asunto dado a prioridade de actuación que ten este tema
para a saúde e benestar da veciñanza de Gondomar. A día de hoxe nin
sequera se dignou contestar.
Asemade
na Comisión 5º de Sanidade do Parlamento Galego do día 9 de novembro
deste ano tratou as necesidades sanitarias de Gondomar e o novo Centro
de Saúde, iniciativa levada pola representante de En Marea nesta
comisión a proposta de CABE. A iniciativa contou co voto favorable de
todos os grupos agás polos do Partido Popular que votou en contra.
En
situacións coma a actual vese máis nidiamente a necesidade de cubrir de
xeito racional e adecuado as ratios médico paciente, e máis en caso de
nenos e nenas. E a necesidade de que o Centro de Saúde de Gondomar teña
dúas consultas de pediatría e 3 pediatras.
Ante
este novo despropósito da Consellería e o caos que se adiviña detrás de
peche simultáneo de tres Servizos de medicina infantil o Grupo
Municipal de Gondomar Concello Aberto presentou unha Moción que se
debaterá no próximo Pleno do día 12 de decembro para reiterar a
necesidade de que se cubra adecuadamente o cadro de persoal de
pediatría, tanto neste como no novo centro de saúde de Gondomar e
expresar a condena e a protesta de toda a Corporación por este abandono
reiterado do servizo de pediatría de Gondomar por parte do SERGAS e a
Consellaría de Sanidade, que so obedece a un actuar errático e a
criterios puramente economicistas e non asistenciais ou medico
sanitarios.
Ata cando este abandono do Servizo de Pediatría de Gondomar e doutros centros do Val MIñor.