Gondomar
Concello Aberto, único grupo de Gondomar que participou como tal na
campaña electoral de En Marea, quere agradecer o seu apoio a todas e cada unha
das 1.746 veciñas e veciños de Gondomar que co seu voto colaboraron a que esta formación
se convertera na segunda forza política de Galicia.
Tamén quere agradecer
a todas aquelas persoas que participaron na campaña, ben no nome de CABE ou ben
de xeito individual, o esforzo realizado durante estes días para intentar
trasladar á veciñanza as nosas propostas e garantir o adecuado discorrer da
xornada electoral.