Para o xoves, 5 de maio, ás 20:00 horas, está convocado pleno no Auditorio Lois Tobío. A orde do día e que figura abaixo. CABE presentará a seguintes mocións:Mocións
- Uso do Centro Neural
- Gondomar vila libre de circos con animais
- Seguridade na estrada PO-331
- Transporte interurbano en Gondomar
Orde do día
- Aprobación da renovación do Convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Gondomar para o servizo de recollida de vehículos abandonados e o seu posterior tratamento.
- Aprobación inicial da modificación da Ordenanza reguladora do estacionamento limitado e gratuíto (zona azul).
- Fiscalización e control dos órganos de goberno: Dación de conta das Resolucións.
- Mocións.
- Rogos e preguntas.