![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhxyGdF8yJjIqN1TTJsFxThz111Xcj_2_0b_MlCbsDrikz8L7oANAb_4k-txKQAlBwIWh7dUsv9F5KoM2OHGGie8JeGBaDlsixsDDej9ZyEytSu21i-Hhn3YHCCag0v06HHZBf9oIPl6Kg/s1600/Captura+de+pantalla+2015-03-16+a+las+20.04.49.png)
ordinario do oito de abril
Pleno Ordinario, Abril 2016. Celebrado onte, día 8 no Auditorio Lois Tobío, as 20:00h.
Duración do mesmo 5:30 horas.
Propostas do Goberno:
Única: Mostrar conformidade co borrador consensuado polos 14 Alcaldes da Área Metropolitana.
Votos a prol: PSOE, PP, MM e IxG.
Abstención Gondomar Concello Aberto. Motivos principais: Non se garante unha solución a curto prazo no tema do Transporte interurbano de Gondomar (seguimos co esperpento de deixar aos viaxeiros a 2 quilómetros de Gondomar). Non hai nin un somero estudio económico financeiro dos custes para os concellos e o financiamento da Area Metropolitana. Non se nos aclara se supón a desaparición da Mancomunidade do Val Miñor. Moitas dúbidas co subministro de auga en alta e a súa repercusión nas tarifas cando se traspasen os encoros de Eiras e Zamáns. Unha ocasión perdida polo Sr. Alcalde para consensuar co resto das forzas políticas de Gondomar a postura do Concello cara a futura Área Metropolitana. Ao longo destes meses non convocou unha soa xunta de voceiros para tratar este tema.
Propostas da Oposición:
Moción do PP (1) Comparecencia da concelleira de Igualdade: Unanimidade.
Moción de IxG (1) Proposta de Asfaltado de viario do camiño da Costa e Seidons. Unanimidade.
Propostas de CABE: (5)
CONMEMORACIÓN DO 14 ABRIL, PROCLAMACIÓN DA II REPÚBLICA. Condena do alzamento militar do 18 de xullo do 1936. Que ondee a bandeira republicana coma homenaxe aos que defenderon a II República e a legalidade democrática. Organización polo Concello de actos
conmemorativos e divulgativos deste 85 aniversario. Apróbase por maioría.
- Votos a prol 6: CABE, MM
- En contra: 4 PP
- Abstención: 7 PSOE e IxG.
POLA RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA. Cumprimento da Lei da Memoria histórica. Apróbase por maioría.
- Votos a prol: 10 CABE, MM, PSOE.
- Abstencións: 6 PP e IxG.
SEGURIDADE PÚBLICA EN GONDOMAR: Ínstase ao Sr. Alcalde como Presidente da Xunta Local de Seguridade para que traslade a inquedanza de veciñanza e comerciantes polo roubos e entradas en locais, garaxes e vehículos, que se trate este tema e se implementen as medidas necesarias para corrixir esta situación. Apróbase por unanimidade.
REVERSIÓN A PUBLICO DO HOSPITAL ÁLVARO CUNQUEIRO. Que a corporación Municipal sesume á denuncia ante Europa da concesión privada do HAC realizada pola Asociación para a defensa da sanidade pública. Que se sume á petición parlamentaria de rescate da concesión. Que se dea traslado desta Moción ao resto dos concello do Val Miñor. Apróbase por maioría.
- Votos a prol: CABE, MM, PSOE e IxG.
- En contra o PP.
MOCIÓN DE URXENCIA DO MM: Dirixirse á Consellaría de Educación para instar a que renuncie ao peche anunciado e manteña aberta a Escola Infantil de Mañufe. Aprobada por unanimidade.
MOCIÓN DE URXENCIA PRESENTADA POR CABE: SEGURIDADE E ACCESO AO CEIP SERRA- VINCIOS. Medida inmediata, peche do recinto escolar dotando ao portal exterior dun porteiro automático e videoporteiro. Medidas a tomar antes do comezo do curso escolar 2016/2017 que se consensúe entre a comunidade escolar e as Administracións local e autonómica a planificación e execución das obras de acceso ao recinto escolar. Aprobada por unanimidade.
Salientar nesta moción a indignación das nais e pais presentes que increparon constante e repetidamente ao Sr. Alcalde acusandoo de mentir de forma reiterada nas súas explicación par xustificar a súa falla de xestión e como se perdeu todo un curso escolar con escusas, mentiras e constantes cambios de opinión e de solucións a esta problemática. Incluso lle esixiron en numerosas ocasións un mínimo de respecto.
Non se pode mentir e terxiversar os feitos de forma reiterada para xustificarse ante a súa falla de cumprimento das promesas dadas, a falla de consideración e desplantes á comunidade educativa, a ineficacia e ineficiencia da xestión do seu goberno, a falla de compromiso coa seguridade dos nenos e nenas e a ausencia total de criterio para abordar este tema. Cando un gobernante perde a noción da realidade, mal asunto.
Gondomar, 8 de abril de 2016
Pauliño del Río Iglesias.
Voceiro do Grupo Municipal de Gondomar Concello Aberto.