Convócase unha xuntanza sobre comercio e dinamización económica municipal o vindeiro luns, 25 de xaneiro, ás 21 horas na sede de CABE. Trátase de xuntar ideas que poidan ser impulsadas dende a concellería de dinamización e emprego.20.1.16
Xuntanza sobre comercio e dinamización económica municipal
Convócase unha xuntanza sobre comercio e dinamización económica municipal o vindeiro luns, 25 de xaneiro, ás 21 horas na sede de CABE. Trátase de xuntar ideas que poidan ser impulsadas dende a concellería de dinamización e emprego.16.1.16
Charla informativa sobre o TTIP
O venres 22 de xaneiro, contra as 20:00, na Aula 06 do Centro de Desenvolvemento Local (CDL), haberá unha charla informativa sobre o Tratado de Libre Comercio EEUU-Unión Europea.
5.1.16
Grupo de traballo de transparencia
31.12.15
Basta de violencia machista
Ante o novo e brutal asasinato dunha muller, esta vez no concello de Mos e polas contínuas peticións de facer actos de repulsa no Val Miñor, diferentes organizacións feministas do Val Miñor queremos mostrar a nosa máis enérxica loita contra a violencia machista polo que nos imos concentrar no Parque da Ramallosa, o xoves día 31, ás 18 horas.O machismo mata, non sexas cómplice!
Abur, 2015!
Remata 2015 e fainos pensar que hai un ano non estabamos aquí e moitas das persoas que nos fomos incorporando nin sequera soñabamos con isto. Fomos xuntando as ganas de cambiar o concello desde moitas posturas e lugares diferentes e creamos Gondomar Concello Aberto.
Creamos unha candidatura de vinte e oito persoas e unha asemblea chea de ilusión, traballo e forza e obtivemos representantes que están no goberno municipal. Tamén temos e tivemos erros pero o que nos define é a nosa diversidade e que sempre hai alguén cunha nova contribución.
Esperamos seguir aprendendo no 2016, facelo mellor e seguir contando con vós.
Unha aperta.
21.12.15
18.12.15
15.12.15
12.12.15
VIII Premio de Poesía Victoriano Taibo
Hoxe, 12 de decembro, ás 19:30 horas, terá lugar no auditorio municipal Lois Tobío de Gondomar a entrega do VIII Premio de Poesía Victoriano Taibo, convocado polo Instituto de Estudos Miñoranos e a Entidade Local de Morgadáns. Na gala participarán, ademais do gañador, o poeta Iñaki Varela Pérez, a escritora Marta Dacosta, o grupo de gaitas Balcón do Miñor, de Morgadáns, e o grupo de teatro afeccionado Bertorella, que porá en escena unha dramatización de Contos pequenos, obra inédita de Victoriano Taibo. A entrega física do galardón correrá a cargo do alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, e clausurará esta actividade, previsiblemente, o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero.
O certame literario pasa por un momento difícil, pois necesita o compromiso decido das administracións da zona para ter continuidade.
Unha asociación de tanto mérito como Espazo Lectura manifesta o seu apoio á continuidade deste prestixioso Premio e anima ás súas socias e socios a asistir a este acto.
Desde o grupo de comunicación difundimos esta proposta e convidamos a asistir a toda a cidadanía de Gondomar.
O certame literario pasa por un momento difícil, pois necesita o compromiso decido das administracións da zona para ter continuidade.
Unha asociación de tanto mérito como Espazo Lectura manifesta o seu apoio á continuidade deste prestixioso Premio e anima ás súas socias e socios a asistir a este acto.
Desde o grupo de comunicación difundimos esta proposta e convidamos a asistir a toda a cidadanía de Gondomar.
11.12.15
Faite apoderada de En Marea
Colabora como apoderada de En Marea durante a xornada electoral do vindeiro 20D!Inscríbete aquí:
http://enmarea.gal/
10.12.15
9.12.15
6.12.15
Programa e 20 propostas de En Marea
Velaquí a ligazón ás 20 propostas de En Marea e mais ao programa electoral para as eleccións xerais do 20D.
Actividade prevista para o luns 7
5.12.15
Xuntanza de En Marea
Alexandra Fernández e Josué Villar, número 1 e número 3 por Pontevedra de En Marea, reuníronse con activistas do Val Miñor na noitiña do venres 4 en Gondomar.Entre outros e outras estaban Ximena Varela, concelleira de CABE, José Cuevas, concelleiro de Nigrán Decide, Rosa Pascual de Podemos Gondomar e X. M. Crego de Anova Val Miñor.
Pegada de cartaces de En Marea
Mañá, domingo 6 de decembro, os simpatizantes de En Marea de Baiona, Nigrán e Gondomar, quedaremos ás 22:00 horas, nos respectivos concellos de cada municipio, como punto de reunión, para a pegada de cartaces.
Lembra:
Lembra:
- Domingo 6 de decembro
- Ás 22:00
- Concellos de Baiona, Nigrán e Gondomar
Encontro con Josúe Villar, candidato ao Congreso por En Marea
O domingo 6 de decembro, ás 13:30, na Tapería O Druída, celebraremos un encontro-vermú con Josué Villar Ballesteros, candidato ao congreso, número tres na lista de En Marea, nas vindeiras eleccións do 20 de decembro. Lembra
- Domingo 6 de decembro, ás 13:30
- Tapería O Druida
(Praza Mario Puentes, 8)
Patos, Nigrán
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)














