Amosando publicacións coa etiqueta 2016. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 2016. Amosar todas as publicacións

2.2.16

Comunicado de CABE ate a decisión da Asemblea do 30.01.2016

COMUNICADO DE CABE ANTE A DECISIÓN DA ASEMBLEA DO 30/1/2016

O pasado verán, asinamos un pacto para constituír un único goberno municipal plural e dialogante entre si e coa cidadanía, co obxectivo de mudar unha situación que tiña sen atender necesidades básicas dos veciños e veciñas de Gondomar.

Nin nese momento nin agora consideramos que estar dentro do goberno sexa un fin en si mesmo; nós considerámolo un medio, unha ferramenta de transformación da realidade.  Acordamos que a acción de goberno se tiña que basear en tres principios: coordinación, transparencia e participación, e nun código ético que aseguraba que a política municipal fose unha actividade no que os veciños e veciñas participasen e puidesen decidir democraticamente en todos os asuntos da súa comunidade.

Durante estes meses de traballo detectáronse diferentes incumprimentos dos acordos asinados. Coa vontade de poñerlle solución, e tras debatelo en asemblea no mes de novembro, instamos aos nosos socios de goberno a mudar esa situación como condición necesaria para que CABE continuara no goberno.

Propuxemos dúas medidas, a coordinación efectiva do goberno municipal e a posta en marcha dunha Comisión de seguimento do Acordo asinado. A coordinación do grupo de goberno seguiu sen ser efectiva, e a invitación de CABE a Manifesto Miñor e ao PSOE para reconducir a situación non foi aceptada, polo que a situación de descoordinación agravouse.

Como paradigma da situación no que se atopaba o goberno temos o último pleno municipal do 21 de xaneiro, feito de forma unilateral polo señor alcalde, sen coordinación cos seus socios de goberno, sen transparencia, sen diálogo cos grupos da oposición e que foi ademais inútil e un gasto innecesario para as arcas municipais.

Sabemos e aceptamos o custe político desta decisión de abandonar o goberno por parte de Gondomar Concello Aberto, pero maior sería o custe político de decepcionar á cidadanía que nos apoiou para facer unha política diferente.

Non sendo posible facer isto dende o seo do goberno, a intención de CABE é conseguir estes obxectivos dende a oposición. O que CABE en ningún caso vai facer é oposición dentro do goberno.
Os nosos obxectivos non mudaron dende o nacemento da nosa organización e non está no ADN de CABE acomodarse ao sillón: viñemos a facer un punto e aparte nas políticas municipais .

30.1.16

Asemblea veciñal

A Mesa da Asemblea de CABE convoca pola presente a toda a veciñanza de Gondomar a unha  asamblea que se celebrará no Centro Neural, lugar das Cercas, o vindeiro sábado día 30 dos  correntes a partir das 19.00 horas (sete da tarde) coa seguinte

ORDE DO DÍA

1. Lectura e aprobación, se procede, da Acta da asamblea anterior
2. Proposta de que os concelleiros de CABE abandonen o Goberno do Concello de  Gondomar

23.1.16

Asemblea veciñal

A Mesa da Asemblea de CABE convoca pola presente a toda a veciñanza de Gondomar a unha que se celebrará no Centro Neural, lugar das Cercas, o vindeiro martes día 26 dos correntes a partir das 20 horas (oito da tarde) e ata ás dez horas, coa seguinte
asemblea

ORDE DO DÍA 

1º- Lectura e aprobación, se procede, da Acta da asamblea anterior.
2º- Aprobación da representación de CABE nos grupos de traballo da Axenda 21.
3º- Informe e debate sobre propostas do grupo de transparencia.
4º- Informe e debate dos representantes institucionais de CABE no Concello.
5º- Rogos, preguntas e asuntos varios.

Acta do Grupo de transparencia

Velaquí queda a ligazón á acta do Grupo de transparencia.


20.1.16

Xuntanza sobre comercio e dinamización económica municipal

Convócase unha xuntanza sobre comercio e dinamización económica municipal o vindeiro luns, 25 de xaneiro, ás 21 horas na sede de CABE. Trátase de xuntar ideas que poidan ser impulsadas dende a concellería de dinamización e emprego.

16.1.16

Charla informativa sobre o TTIP

O venres 22 de xaneiro, contra as 20:00, na Aula 06 do Centro de Desenvolvemento Local (CDL), haberá unha charla informativa sobre o Tratado de Libre Comercio EEUU-Unión Europea.

5.1.16

Grupo de traballo de transparencia

O vindeiro martes, dezanove de xaneiro, ás 20 horas reúnese o Grupo de traballo de transparencia no local de Cabe no CDL (antigo Colexio Enrique Rodríguez Márquez).
Están convidada toda a cidadanía.
Comenzamos o ano coa posta en marcha deste novo grupo