Amosando publicacións coa etiqueta TTIP. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta TTIP. Amosar todas as publicacións

30.9.16

Nova campaña da plataforma Non ao TTIP Galiza contra os tratados de libre comercio



A plataforma Non ao TTIP Galiza (https://nonaottip.org/)   está intentando poñer a andar a actividade que se describe no documento adxunto: "A carabana anti TTIP e os vampiros do librecomercio"

Para iso precisan axuda económica para poñela en práctica e tamén saber se algunha asociación tería interese en levar (no caso de poder facerse) a carabana ao seu concello e colaborar na organización de algún acto que axude a difundir o que son estes tratados á cidadanía (proxección de documental, charla, acto de rúa con mesa informativa...)

Ademáis, no mes de outubro haberá unha manifestación contra os tratados (xa se indicará lugar e día) que coincidirá con outras que se farán en diferentes países entorno á mesma data.


16.1.16

Charla informativa sobre o TTIP

O venres 22 de xaneiro, contra as 20:00, na Aula 06 do Centro de Desenvolvemento Local (CDL), haberá unha charla informativa sobre o Tratado de Libre Comercio EEUU-Unión Europea.

21.9.15

Mobilización contra o TTIP

O 10 de Outubro é o día de inicio da Semana de loita contra os tratados de libre comercio: TTIP, TPP, CETA e TISA,  unha mobilización global  continuidade da do pasado 18 de Abril.

Dende o 1 ao 15 de outubro milleiros de persoas marcharán dende diferentes localidade de toda Europa, para bloquear o cumio da Unión Europea que se dará ese día 15, en diversas protestas que se manterán ata o día 17.


En Vigo o percorrido será o seguinte: Praza de Independencia-Praza de América-Castrelos.
A saída, ás 20:00.