Amosando publicacións coa etiqueta Pleno b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Pleno b>. Amosar todas as publicacións
1.2.17
Mocións presentadas por CABE ao Pleno ordinario do mes de febreiro de 2017
Mocións presentadas por CABE ao Pleno ordinario do mes de febreiro de 2017:
13.11.16
Mocións presentadas por CABE ao Pleno ordinario do mes de novembro
25.10.16
Mocións presentadas por CABE ao Pleno ordinario do mes de outubro
1.6.16
Mocións presentadas por CABE ao Pleno ordinario do mes de xuño
Mocións presentadas por CABE ao Pleno ordinario do mes de xuño:- Uso de herbicidas con glifosato.
- Dereito á Sanidade.
- Día Internacional contra LGTBIFOBIA.
- Aula Chaín do CRA Antía Cal.
- Comparecencia do Concelleiro de Educación.
7.5.16
Resumo do pleno ordinario do 5 de maio
Pauliño del Río, voceiro do Grupo municipal de CABE, resumíu o tratado no Pleno ordinario do cinco de maio.
Pleno Ordinario Maio 2016. Celebrado onte, día 5 no Auditorio Lois Tobío, as 20:00h.
Duración do mesmo 02:30 horas.
Propostas do Goberno
-Convenio de Colaboración entre a Deputación e o Concello para a retirada dos vehículos usados.
Aprobado por unanimidade.
Aprobado por unanimidade.
-Aprobación inicial da Ordenanza de aparcamento limitado. Rexeitada.
Votos a prol: 7 PSOE e MM.
Votos en contra: 10 CABE, PP e IxG.
Gondomar Concello Aberto, anunciou e votou en contra dunha Ordenanza baseada nunha Lei de tráfico obsoleta, derrogada e que non está en vigor. Di moito da inacción e pasotismo deste goberno polos asuntos públicos a presentación para aprobación inicial dunha Ordenanza municipal xa caduca e ineficaz dende o seu inicio. Máxime, que advertido do motivo e dándolle a oportunidade de facelo correctamente, se empeñen no erro por pura arrogancia. E xa non entramos nos motivos de fondo dunha ordenanza arbitraria, con importes absolutamente desproporcionados nas sancións pecuniarias ou na discrecionalidade absoluta nas medidas cautelares (inmobilización e retirada da vía pública dos vehículos).
Propostas da Oposición
-Moción do IxG (1) Colocación de marquesiñas na parroquia de Couso. Aprobado por unanimidade.
Mocións de CABE (4) )
DECLARAR A GONDOMAR VILA LIBRE DE CIRCOS CON ANIMAIS.
Un importante número de países e vilas de todo o mundo xa vetaron o uso de animais nos circos en base a súa protección e benestar, ao considerar que a súa exhibición e condicións de vida supoñen unha crueldade, ao mesmo tempo que incrementan o tráfico ilegal de animais e caza furtiva de especies protexidas. Gondomar únese agora a esa rede e será un Concello libre de circos con animais, que non autorice, promova ou ampare a instalación deste circos con animais e que non permita publicidade de espectáculos circenses. Aprobase por maioría
Un importante número de países e vilas de todo o mundo xa vetaron o uso de animais nos circos en base a súa protección e benestar, ao considerar que a súa exhibición e condicións de vida supoñen unha crueldade, ao mesmo tempo que incrementan o tráfico ilegal de animais e caza furtiva de especies protexidas. Gondomar únese agora a esa rede e será un Concello libre de circos con animais, que non autorice, promova ou ampare a instalación deste circos con animais e que non permita publicidade de espectáculos circenses. Aprobase por maioría
Votos a prol: 14 CABE, MM, PSOE e PP
Abstención: 3 IxG.
SEGURIDADE NA ESTRADA PO331.
Estrada de titularidade autonómica que, dende os Arcos ao Polígono da Pasaxe descorre polo núcleo urbano de Vincios densamente poboado, estrada que se pode considerar unha travesía urbana e pola que descorren a diario 8.600 vehículos (segundo a Memoria de Tráfico do ano 2015).
Estrada de titularidade autonómica que, dende os Arcos ao Polígono da Pasaxe descorre polo núcleo urbano de Vincios densamente poboado, estrada que se pode considerar unha travesía urbana e pola que descorren a diario 8.600 vehículos (segundo a Memoria de Tráfico do ano 2015).
Neste núcleo prodúcense situacións de perigo a diario para os que teñen que cruzar esta vía, e hai algúns pasos de peóns que na actualidade non dan unha resposta adecuada e satisfactoria á seguridade dos mesmos. É o caso do paso de peóns que esta á altura da ferretería Vincios, onde a un e outro lada da estrada hai paradas de autobuses, que son utilizadas tamén para o transporte escolar, tanto do alumnado do CEIP Serra Vincios como dos que se desprazan ao centro da Vila para ir aos institutos IES Terra de Turonio e IES Auga da Laxe.
Sabendo da preocupación da veciñanza de Vincios por esta situación (as nove entidade veciñais, de toda índole existentes na parroquia, teñen remitido escritos ao Concello e á Estradas da Xunta) como da toma en consideración da administración para resolver este problema que sen embargo segue sen facerse e dado que a situación actual non permite garantir a seguridade dos escolares como da veciñanza usuaria da vía solicitamos dirixirnos á Administración autonómica para que solucione este asunto implementando as medidas técnicas e normativas necesarias.
Aprobada por unanimidade.
TRANSPORTE INTERURBANO EN GONDOMAR.
Hai unha nova situación creada no transporte interurbano na Galiza polo fallo do Tribunal Supremo que anula a prorroga das concesións feita pola Xunta ás empresas de transporte. Prórroga dada en contra da normativa comunitaria (de obrigado cumprimento).
A aprobación en 2010 desta prórroga exprés, agora anulada, xa fora contravertida, fíxose sen o ditame do Comité Galego de Transportes, nin do Consello Económico e Social, sen a súa remisión a outras consellerías (mesmo da de Educación e iso que tamén afectaba ao transporte escolar) e cunha tramitación parlamentar en lectura única sen posibilidade de emendas parcial .
Esta sentencia incide de xeito directo no noso Concello e no conflito e problemática do transporte de viaxeiros en Gondomar (as empresas concesionarias estaban personadas na causa) Conflito que dende hai décadas afecta aos veciños e veciñas de Gondomar usuarios deste servizo esencial e que teñen que sufrir o esperpento de terse que baixar en Mañufe en vez de na estación de autobuses ou non poden ir máis aló dda Florida en Vigo.
O Pleno acordou solicitar da Xunta de Galiza información sobre como afecta esta sentenza ao transporte interurbano en Gondomar, a situación das liñas e concesións ou se se vai producir unha nova licitación. Para isto solicitamos unha xuntanza entre a Xunta e os representantes da Corporación Municipal de Gondomar para abordar este tema e porlle solución. Debemos ver esta sentenza como unha xanela de oportunidade para resolver este conflicto absurdo e enquistado no tempo.
Apróbase por unanimidade.
USO DO CENTRO NEURAL.
Despois do traslado da Policía Local a determinadas dependencias do Centro Neural, o actual goberno impide a celebración de actos cidadáns e políticos na sala multiusos , como sempre se fixo. A maiores o antigo salón de Plenos da Casa de Cultura foi dividido e destinado a arquivo e futura aula de formación, polo que tampouco se pode usar. Deste xeito dos dous locais que tiña o concello para realizar cidadáns actos cidadáns quedamos sen ningún. Non parece razonable nin de sentido común privar á veciñanza de locais para actos ou asembleas.
O acordo tomado é que a sala multiusos do Centro Neural estará ao servizo da cidadanía de Gondomar e seguirá tendo entre os seus cometidos o seu uso para xuntanzas veciñais e cidadáns, incluídas ás das formación políticas, a fin de fomentar e facilitar a participación de todos e todas na vida política, económica, cultural e social do noso Concello.
Apróbase por unanimidade.
Na quenda de rogos e preguntas o Sr.Alcalde en vez de contestalas no Pleno, como era habitual remitiuse a que as contestaría por escrito. Onde quedou a transparencia, a participación e facer do Pleno o centro da vida política de Gondomar?
Gondomar, 6 de maio de 2016
Pauliño del Río Iglesias.
Voceiro do Grupo Municipal de Gondomar Concello Aberto.
3.5.16
Mocións e convocatoria do pleno o 5 de maio
Para o xoves, 5 de maio, ás 20:00 horas, está convocado pleno no Auditorio Lois Tobío. A orde do día e que figura abaixo. CABE presentará a seguintes mocións:Mocións
- Uso do Centro Neural
- Gondomar vila libre de circos con animais
- Seguridade na estrada PO-331
- Transporte interurbano en Gondomar
Orde do día
- Aprobación da renovación do Convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Gondomar para o servizo de recollida de vehículos abandonados e o seu posterior tratamento.
- Aprobación inicial da modificación da Ordenanza reguladora do estacionamento limitado e gratuíto (zona azul).
- Fiscalización e control dos órganos de goberno: Dación de conta das Resolucións.
- Mocións.
- Rogos e preguntas.
9.4.16
Resumo do Pleno ordinario do concello do 8 de abril
Resumo de Pauliño del Río, o noso voceiro no Concello de Gondomar, do acordado no Pleno ordinario do oito de abril
Pleno Ordinario, Abril 2016. Celebrado onte, día 8 no Auditorio Lois Tobío, as 20:00h.
Duración do mesmo 5:30 horas.
Propostas do Goberno:
Única: Mostrar conformidade co borrador consensuado polos 14 Alcaldes da Área Metropolitana.
Votos a prol: PSOE, PP, MM e IxG.
Abstención Gondomar Concello Aberto. Motivos principais: Non se garante unha solución a curto prazo no tema do Transporte interurbano de Gondomar (seguimos co esperpento de deixar aos viaxeiros a 2 quilómetros de Gondomar). Non hai nin un somero estudio económico financeiro dos custes para os concellos e o financiamento da Area Metropolitana. Non se nos aclara se supón a desaparición da Mancomunidade do Val Miñor. Moitas dúbidas co subministro de auga en alta e a súa repercusión nas tarifas cando se traspasen os encoros de Eiras e Zamáns. Unha ocasión perdida polo Sr. Alcalde para consensuar co resto das forzas políticas de Gondomar a postura do Concello cara a futura Área Metropolitana. Ao longo destes meses non convocou unha soa xunta de voceiros para tratar este tema.
Propostas da Oposición:
Moción do PP (1) Comparecencia da concelleira de Igualdade: Unanimidade.
Moción de IxG (1) Proposta de Asfaltado de viario do camiño da Costa e Seidons. Unanimidade.
Propostas de CABE: (5)
CONMEMORACIÓN DO 14 ABRIL, PROCLAMACIÓN DA II REPÚBLICA. Condena do alzamento militar do 18 de xullo do 1936. Que ondee a bandeira republicana coma homenaxe aos que defenderon a II República e a legalidade democrática. Organización polo Concello de actos
conmemorativos e divulgativos deste 85 aniversario. Apróbase por maioría.
- Votos a prol 6: CABE, MM
- En contra: 4 PP
- Abstención: 7 PSOE e IxG.
POLA RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA. Cumprimento da Lei da Memoria histórica. Apróbase por maioría.
- Votos a prol: 10 CABE, MM, PSOE.
- Abstencións: 6 PP e IxG.
SEGURIDADE PÚBLICA EN GONDOMAR: Ínstase ao Sr. Alcalde como Presidente da Xunta Local de Seguridade para que traslade a inquedanza de veciñanza e comerciantes polo roubos e entradas en locais, garaxes e vehículos, que se trate este tema e se implementen as medidas necesarias para corrixir esta situación. Apróbase por unanimidade.
REVERSIÓN A PUBLICO DO HOSPITAL ÁLVARO CUNQUEIRO. Que a corporación Municipal sesume á denuncia ante Europa da concesión privada do HAC realizada pola Asociación para a defensa da sanidade pública. Que se sume á petición parlamentaria de rescate da concesión. Que se dea traslado desta Moción ao resto dos concello do Val Miñor. Apróbase por maioría.
- Votos a prol: CABE, MM, PSOE e IxG.
- En contra o PP.
MOCIÓN DE URXENCIA DO MM: Dirixirse á Consellaría de Educación para instar a que renuncie ao peche anunciado e manteña aberta a Escola Infantil de Mañufe. Aprobada por unanimidade.
MOCIÓN DE URXENCIA PRESENTADA POR CABE: SEGURIDADE E ACCESO AO CEIP SERRA- VINCIOS. Medida inmediata, peche do recinto escolar dotando ao portal exterior dun porteiro automático e videoporteiro. Medidas a tomar antes do comezo do curso escolar 2016/2017 que se consensúe entre a comunidade escolar e as Administracións local e autonómica a planificación e execución das obras de acceso ao recinto escolar. Aprobada por unanimidade.
Salientar nesta moción a indignación das nais e pais presentes que increparon constante e repetidamente ao Sr. Alcalde acusandoo de mentir de forma reiterada nas súas explicación par xustificar a súa falla de xestión e como se perdeu todo un curso escolar con escusas, mentiras e constantes cambios de opinión e de solucións a esta problemática. Incluso lle esixiron en numerosas ocasións un mínimo de respecto.
Non se pode mentir e terxiversar os feitos de forma reiterada para xustificarse ante a súa falla de cumprimento das promesas dadas, a falla de consideración e desplantes á comunidade educativa, a ineficacia e ineficiencia da xestión do seu goberno, a falla de compromiso coa seguridade dos nenos e nenas e a ausencia total de criterio para abordar este tema. Cando un gobernante perde a noción da realidade, mal asunto.
Gondomar, 8 de abril de 2016
Pauliño del Río Iglesias.
Voceiro do Grupo Municipal de Gondomar Concello Aberto.
5.4.16
Mocións e convocatoria de pleno ordinario para o xoves 7 de abril
O próximo Pleno Ordinario, xoves día 7 de abril ás 20:00 horas, no Auditorio Lois Tobío.
Orde do día:
Punto Único: Proposta da Alcaldía para dar conformidade ao borrador de modificación da Lei 4/2012 da Área Metropolitana.
MOCIÓNS:
CABE (pica encol do texto para acceder ao documento)
Orde do día:
Punto Único: Proposta da Alcaldía para dar conformidade ao borrador de modificación da Lei 4/2012 da Área Metropolitana.
MOCIÓNS:
CABE (pica encol do texto para acceder ao documento)
- Conmemoración 14 de abril, proclamación da II República.
- Recuperación da Memoria Histórica.
- Seguridade Pública en Gondomar.
- Reversión a Público do Hospital Álvaro Cunqueiro.
- Comparecencia da Concelleira de Igualdade.
- Amaño camiño de Piquetes. Mañufe.
2.3.16
Mocións de CABE no pleno do xoves tres de marzo
No pleno ordinario do Concello de Gondomar do xoves tres de marzo (20:00 no Auditorio Lois Tobío) os concelleiros de CABE presentarán as seguintes mocións:- Solicitude de comparecencia do Concelleiro de Urbanismo.
- Asociación Galega de Artesáns Tradicionais (AGAT)
- PAH. Desafiuzamentos e Plan de vivenda.
- 40º Aniversario da República Árabe Saharaui Democrática
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

