
Ademáis
de visitar algunha das zonas máis afectadas, xuntámonos con
representantes de comunidades de montes, comunidades de augas, centros
culturias e outras entidades, ademáis de con veciñas e veciños afectados,
e expuxémoslles, entre outras cosas o abandono e falta de medios que
sufrimos durante os lumes, e o desleixo que seguimos a sufrir, unha
semana despois, por parte da Xunta de Galicia. Tamén falamos de
iniciativas que se poderían levar a cabo nos próximos días e a máis
longo prazo para paliar a situación actual e evitar que algo como o que
estamos a sufrir volva ocorrer.