O concelleiro e voceiro de CABE no Concello de Gondomar, Pauliño del Río, por mandato da Asemblea Veciñal, vai presentar dúas mocións no Pleno a celebrar o vindeiro xoves, día 17 ás 20:00 horas. Tratan da acollida ás persoas refuxiadas e da oposición ao Tratado Trasatlántico de Comercio e Investimento (TTIP). Os texto das mocións pódense ler aquí: - Moción de acollida ás persoas refuxiadas - Moción de oposición ao TTIP