
Entendo que o proxecto Gondomar Concello Aberto responde á necesidade de veciñas e veciños de cambio, escoitando as súas demandas e propostas e buscando acordos en común que nos permitan facer de Gondomar ese pobo que desexamos e que merece. Chegou o momento de cambiar as cousas en Gondomar e ilusióname formar parte do proceso posto en marcha.