
Un dos compromisos básicos acordados na constitución do noso movemento foi o de decidir na Asemblea Veciñal os eventuais pactos post-electorais. E nesas estamos. O escenario que se abre tras os resultados electorais esíxennos discutir e decidir nesa delicada materia. Por iso convocamos a Asemblea presencial a celebrar no local de Gondomar Concello Aberto o próximo sábado, día 30 de maio, ás 20:00 h, coa seguinte Orde do día:
1. Valoración dos resultados das Eleccións Municipais
2. Propostas de actuación e marco xurídico no que encaixalas
3. Equipo de traballo municipal. Eventual elección do mesmo (1)
4. Elección da Mesa da Asemblea que funcionará ata a seguinte Asemblea presencial
5. Rolda libre de intervencións
Por parte da Mesa da Asemblea:
Pepe Paraños
(1) Dada as circunstancias sobrevidas a partir dos resultados electorais con demandas de declaracións por parte da prensa, nunha reunión informal da candidatura, ampliada con participantes activos/as na campaña electoral, acordouse nomear como portavoces provisionais ata esta Asemblea á nosa candidata, xa concelleira, Jimena Varela e aos nosos candidatos, xa concelleiros, Josué Villar e Pauliño del Río.