
Podería dar centos de argumentos sobre a xestión municipal e o que se podería facer en Gondomar cun cambio na vontade política, como xustificación desta candidatura. Pero, non sería orixinal, ese é o caso que nos une a todos os que traballamos nesta forza. Realmente, a única motivación válida é a de facer un exercicio de coherencia. Ilusióname escoitar a persoas que se queixan de todo o existente, pero estou farto de todos aqueles que se queixan e quedan tranquilamente na casa, agardando. Dar un paso adiante, todos nós, confírenos una grao de coherencia, que é a primeira pedra para conformar unha nova realidade tan, absurdamente, necesaria.