5.9.15

Nota de prensa de CABE

Ante a nova aparecida no Atlántico Diario co gallo da inaguracion das novas instalacións da Policia
Local, e as manifestacións feitas polo Sr. Alcalde Francisco Ferreira, Gondomar Concello Aberto quer manifestar o seguinte:

No Acordo de Goberno asinado polos tres partidos establecíase nidiamente que este acordo representa ética e moralmente un contrato coa cidadanía que responde a un tempo político novo.

Un tempo político novo alonxado da corrupción e a clientelismo e das políticas que xeraron e xeran desigualdade, recortes sociais, privatizacións e limitacións de dereitos e liberdades. Un novo tempo onde a cidadanía e os veciños sexan o núcleo central da acción de goberno.

Políticas, fotos e declaracións como as do Sr. Alcalde de Gondomar onte na inaguración das novas instalacións da Policía Local son radicalmente contrarias á ética e as compromisos adquiridos polo goberno e as formacións políticas que o sustentan ante a cidadanía e ante o pacto de goberno.

Dende Gondomar Concello Aberto non sabemos que lle debe o Sr. Ferreira ao ex Alcalde xulgado, condenado e inhabilitado para o exercicio de cargo público por prevaricación urbanística, e que representa a época máis negra da corrupción en Gondomar, dende logo Gondomar Concello Aberto, e a inmensa maioría da veciñanza, non lle debemos nada.
Tal vez o Sr. Ferreira considera que o goberno actual é un punto e seguido dos anteriores gobernos do PP, para nos é un punto e aparte.
Declaracións e fotos como as de onte NON NOS REPRESENTAN e nos abochornan e así o queremos manifestar publicamente.

Gondomar, 5 de setembro de 2015.

Asdo.: Pauliño del Río Iglesias.
Voceiro do Grupo Municipal de CABE.

2.9.15

Informes das concellerías CABE

Velaquí queda o terceiro informe da concelleria de Josué Villar (Economía, Emprego e Dinamización
económica).


Convocatoria de Asemblea veciñal

Gondomar Concello Aberto convoca a toda a veciñanza á Asemblea veciñal que vai celebrar este venres, día 4 de setembro, ás 21:00 h. no Centro Neural, coa seguinte orde do día:

1.- Información municipal e da acción de goberno.
2.- PXOM.
3.- Grupos de traballo municipais.
4.- Fiscalización da Asemblea ao Grupo Municipal.
5.- Renovación parcial da Mesa da Asemblea

Informamos que, para que non se prolongue demasiado a asemblea, as roldas de intervencións serán pechadas

A Mesa da Asemblea.

28.8.15

Achegas recibidas a 27.08.2015

Estas son as achegas recibidas en CABE (comentarios, propostas ou suxestións) referente á actividade de  Gondomar Concello Aberto.


24.8.15

Achegas recibidas a 24.08.2015

Estas son as achegas recibidas en CABE (comentarios, propostas ou suxestións) referente á actividade de  Gondomar Concello Aberto.
Lembra que podes deixar a túa dende aquí.

6.8.15

Infomes das e dos concelleiros de CABE

Todos os documentos fundacionais de Gondomar Concello Aberto (Manifesto fundacionalPrincipios programáticosCódigo ético) teñen como puntal a Transparencia en todos os ámbitos da súa actividade. Tal foi tamén un dos alicerces do Programa co que concorremos ás eleccións municipais do 24 de maio. 

Para cumprir co noso compromiso coa cidadanía, a nosa concelleira e os nosos concelleiros presentarán informes periódicos da súa actividade. Velaquí os primeiros, de Josué Villar, concelleiro de Economía, Emprego e Dinamización económica, e de Jimena Varela, concelleira de Medio ambiente, Mobilidade e Sanidade.






17.7.15

Sinatura do Acordo de goberno

Hoxe, xoves 17, contra o mediodía, en no cruceiro de Mañufe (Cruceiro do Acordo) Josúe Villar (Gondomar CABE) , Antonio Araúxo (Manifesto Miñor) e Paco Ferreira (PSOE)  asinaron o pacto acordo de goberno de Gondomar. 

Podes ler ou consultar o Acordo asinado premendo aquí.

15.7.15

Asemblea Veciñal

Gondomar Concello Aberto convoca a toda a veciñanza á Asemblea que vai celebrar este xoves, 16 de xullo, ás 21:00 no Centro Neural, coa seguinte orde do día:

1. Información do grupo de traballo municipal
2. Aprobación, se procede, dos documentos e acordos aportados polo devandito grupo
3. Varios


10.7.15

Asemblea Veciñal

Gondomar Concello Aberto convoca a toda a veciñanza á Asemblea que vai celebrar este luns, 13 de xullo, ás 21:00 no Centro Neural, coa seguinte orde do día:

1. Información sobre o estado das negociacións por parte do grupo de traballo
2. Debate e toma de acordos sobre a entrada de CABE no goberno municipal
3. Varios
4. Renovación da mesa da Asemblea


Documento de traballo (Código ético, Programa, Órganos de goberno, Mancomunidade, áreas municipais...)

8.7.15

Reunión da Comisión de organización da Asemblea

A vindeira reunión da Comisión de organización da Asemblea Veciñal será o xoves, nove de xullo,  contra as 20:30 no Vitrola.

3.7.15

Acta do Gupo de comunicación

Velaquí quedan os acordos da xuntanza do Grupo de comunicación, celebrada en dúas sesións os días 25 de xuño e dous de xullo.


17.6.15

10.6.15

Convocatoria de Asemblea veciñal

Gondomar Concello Aberto convoca a toda a veciñanza á asemblea que vai celebrar este venres, 12 de xuño, ás 21:00 h. no Centro Neural, coa seguinte orde do día:

1-  Estado das negociacións por parte dunha persoa do grupo de traballo
2- Debate e toma de acordos sobre investidura, pactos e toda a información ata a data.
3- Estado das contas e alugueiro do local
4- (Se hai tempo) Proposta de organización de CABE (ver documento)