12.3.19

Eleccións primarias




Detectamos  un erro na difusión da nosa convocatoria de primarias que non foi tan xeneralizada como pretendiamos. Para corrixilo a comisión electoral decidiu modificar as datas de presentación de candidaturas (ata o 18 de marzo) como a celebración das eleccións (o 30 de marzo). A asemblea celebrada onte ratificou esta decisión.
Tedes enlazado o regulamento destas primarias.
Para presentarvos hai que enviar á comision electoral (primariascabe2019@gmail.com) o formulario  cuberto acompañado dunha fotografía tamaño carné e unha fotocopia do carné de identidade.

25.12.18

Convocatoria de Asemblea Ordinaria o día 26 de decembro

Convócase Asamblea ordinaria de Gondomar Concello Aberto,

Día: mércores, 26 de decembro
Primeira convocatoria: 20:00 horas
Segunda convocatoria 20:30 horas
Lugar: local de CABE no CDL

Orde do día:

  1. Aprobación, se procede, de actas anteriores
  2. Acto de rendición de contas
  3. Proceso electoral
  4. Información da xuntanza con MM
  5. Resposta á proposta de MM de convocatoria conxunta de Pleno
  6. Rogos e preguntas

10.12.18

Convocatoria de Asamblea Ordinaria de CABE o día 12 de decembro

Convócase Asamblea ordinaria de Gondomar Concello Aberto,

Día: mércores, 12 de decembro
Primeira convocatoria: 21:00 horas
Segunda convocatoria 21:30 horas
Lugar: local de CABE no CDL

Orde do día:

  1. Aprobación, se procede, de actas anteriores
  2. Preparación do pleno do día 13
  3. Preparación de xuntanza con Manifesto Miñor
  4. Renovación da Mesa da Asemblea Veciñal
  5. Rogos e preguntas

24.11.18

Convocatoria de Asamblea Ordinaria de CABE o día 26 de novembro

Convócase Asamblea ordinaria de Gondomar Concello Aberto,

Día: luns, 26 de novembro
Primeira convocatoria: 20:45 horas
Segunda convocatoria 21:15 horas
Lugar: local de CABE no CDL

Orde do día:

  1. Aprobación, se procede, de actas anteriores
  2. Preparación do pleno do día 27
  3. Renovación da Mesa da Asemblea Veciñal
  4. Rogos e preguntas

24.10.18

Convocatoria de Asamblea Ordinaria de CABE o día 25 de outubro

Convócase Asamblea ordinaria de Gondomar Concello Aberto,

Día: xoves, 25 de outubro
Primeira convocatoria: 20:45 horas
Segunda convocatoria 21:15 horas
Lugar: local de CABE no CDL

Orde do día:

  1. Aprobación, se procede, de actas anteriores
  2. Análise e posicionamento de cara ao plenario de En Marea
  3. Modificación dos Estatutos de CABE
  4. Análise da situación  política de Gondomar
  5. Renovación da Mesa da Asemblea Veciñal
  6. Rogos e preguntas

21.9.18

Convocatoria de Asemblea Veciñal Extraordinaria o día 24 de setembro

Convócase Asamblea extraordinaria de Gondomar Concello Aberto,

Día: luns, 24 de setembro
Primeira convocatoria: 20.45 horas
Segunda convocatoria 21,15
Lugar: local de CABE no CDL

Orde do día:
  1. Estratexia electoral de CABE de cara ás eleccións municipais.

10.9.18

Convocatoria de Asemblea Veciñal Ordinaria o día 12 de setembro

Convócase Asamblea ordinaria de Gondomar Concello Aberto,

Día: mércores, 12 de setembro
Primeira convocatoria: 20.45 horas
Segunda convocatoria 21,15
Lugar: local de CABE no CDL

Orde do día:
  1. Aprobación, se procede, de actas anteriores
  2. Postura de CABE ante a iniciativa de Plataforma Veciñal por un Transporte Digno para Gondomar
  3. Postura de CABE ante a solicitude dp Movemento Social "Pola Protección da Serra do Galiñeiro" 
  4. Preparación do Pleno Municipal de setembro
  5. Análise e posicionamento ante a convocatoria de plenario de En Marea.
  6. Asuntos varios
  7. Renovación da Mesa da Asemblea Veciñal
  8. Rogos e preguntas

5.7.18

Celebración dos plenos e comisión de urbanismo


Na sesión extraordinaria organizativa do Pleno da Corporación Municipal de Gondomar, celebrada o 17 de xullo de 2015,  levouse no punto nº2 da orde do día PROPOSTA DE ALCALDIA RELATIVA A FIXACIÓN DA PERIODICIDADE DAS SESIONS PLENARIAS. 

A proposta literalmente establecía: Primeiro.- Establecer a periodicidade mensual na celebración das sesións ordinarias do Pleno desta Corporación Municipal e fixar como data de celebración da citada sesión ordinaria o primeiro xoves de cada mes, ás 20:00 horas, agás no mes de agosto e no mes de xaneiro, que terán lugar na data previamente consensuada coa Xunta de Voceiros de acordo co calendario laboral de cada ano. Este punto foi aprobado por unanimidade.

Pois ben, mañán día 5 de xullo tería que celebrarse a sesión ordinaria correspondente ao mes de xullo. Non se celebrará, nin tan sequera está convocada a previa Comisión Informativa de asuntos do Pleno.

Non é un feito inhabitual, nin extraordinario. Dende xuño de 2017 so se celebrou no Concello de Gondomar un so Pleno Ordinario, marzo de 2018,  todos os demais foron convocados fora do acordo adoptado na sesión organizativa do Pleno da Corporación Municipal, mesmo chegándose a desconvocar sesións xa convocadas, como a de outubro do ano pasado. Sen irnos moi para atrás no pasado mes de xuño, a peregrina escusa esgrimida polo Sr. Ferreira para non celebrar sesión ordinaria,  foi a grabación dun programa de televisión. A deste mes de xullo non sabemos cal é, ao mellor o Sr. Ferreira está de probas co seu novo gasto suntuario como é a adquisición dun coche para o seu uso como Alcalde, veleiquí as prioridades da súa acción de goberno.

Entendemos que se teña que modificar un pleno por un problema puntual pero non que se convirta nunha práctica habitual que encubre unha ineficaz ou desnortada acción na xestión do goberno municipal.

Logo  o goberno do Sr. Ferreira chega tarde mal e arrastro nas convocatorias de subvencións ou se perden, ou nin tan sequera se tramitan, feito habitual, ou temos os camiños das parroquias abandonados a súa sorte, cheas de broza e fochancas, ou os contratos adxudícanse a dedo, e determinados servizos duplican o prezo da súa concesión e se pagan.

Outro tanto poderiamos dicir do que tería que ser unha prioridade na acción de goberno, o urbanismo. A comisión funcionou ata xullo de 2016. Tivo unha xuntanza en 2015 e sete no 2016, a última celebrouse o 4 de xullo de 2016. Dende entón a esta comisión de urbanismo vai de suspensión en suspensión ata hoxe. A última desconvocatoria a do mes de xuño, a anterior a do mes de maio,......

E non será por temas a tratar: situación actual do PXOM, cal é o estado do PXOM de Gondomar? Ninguén o sabe máis aló do goberno municipal. A falla de transparencia, publicidade e información é total. En que etapa está o seu contrato de redacción do PXOM, cal é a situación dos núcleos rurais, etc... Temas de suficiente calado e transcendencia para a convocatoria, e celebración, da Comisión de Urbanismo e da que todos, os grupos políticos da corporación e a veciñanza en xeral, deberiamos estar informados.  

Dende o Grupo Municipal de Gondomar Concello Aberto expresamos a nosa protesta por este novo desprezo do goberno ás representantes da veciñanza de Gondomar. Hai que ter un mínimo de rigor e de respecto cando se traballa para a cidadanía. 




Gondomar, 4 de xullo de 2018.
Pauliño del Rio Iglesias.
Voceiro do Grupo Municipal de CABE.

27.6.18

Adxudicación a dedo de proxectos

O Sr. Alcalde ven de adxudicar a dedo máis de 25.000€ nun mes en proxectos sen cumprir os máis mínimos procedementos de contratación.

Estes proxectos son:
  • Elaboración prego prescricións técnicas licitación mantemento zonas verdes. Importe: 5.203,00€.
  • Redacción proxecto mellora pavimento camiño Barcalla (Donas). Importe: 7.187,40€.
  • Proxecto Reforma e pavimentación camiño Sequeiros dende PO-340 fase 1. Importe líquido: 8.379,25€.
  • Proxecto conexión rede pluviais transversal San Bieito a Párroco Mariño. Importe: 5.142,50€

Proxectos adxudicados a dedo e pagados previo levantamento por parte do Sr. Alcalde dos reparos e informes negativos dos técnicos municipais. Así queda acreditado nas resolucións postas a disposición do Pleno da Corporación municipal de Gondomar.

Preguntado por Gondomar Concello Aberto por esta forma de contratación nada contestou o Sr. Ferreira tan locuaz e dado a publicitarse, obviou as preguntas feitas a este respecto, tanto no pleno de maio como no pleno de xuño.

Estas adxudicación, totalmente arbitrarias, infrinxen a normativa de aplicación, xa que incumpren a Base de Execución nº 16 do Orzamento municipal que exixe obrigatoriamente pedir e xuntar tres ofertas (orzamentos) de provedores ao superar o gasto o importe de 3.000€. Omitiuse este trámite e se contratou de xeito improcedente e inmotivado por parte do Sr. Alcalde. Un dedazo de manual.
Incumpriuse ademais ao contratar estes proxectos o preceptuado nos artigos 23, 86 e 138 do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público e o 72 do seu Regulamento, sobre os contratos menores e o seu uso de xeito fraudulento por parte da administración en canto a súa duración, contía e uso.

Por se isto fose pouco se incumpre tamén o artigo 62 do TRLCSP sobre a solvencia económica e financeira, profesional e técnica e  non queda acreditada a habilitación para contratar coa administración pública dos provedores.   

Revestido dun caudillismo exacerbado e coa filosofía de “as urnas me xulgaran” o Sr. Ferreira hai tempo que perdeu non so as formas senón tamén a legalidade na acción de goberno.

Por que se contrata deste xeito improcedente, abusivo e despótico impedindo a outras empresas e profesionais participar é algo que moitos en Gondomar se preguntan. A quen está beneficiando o Sr. Ferreira con este xeito de actuar e por que son preguntas que lexitimamente nos temos que facer e que requiren resposta.

O Grupo Municipal de Gondomar Concello Aberto volverá preguntar ao Sr. Ferreira para que dea unha explicación, que esperamos que sexa motivada e coherente, deste xeito de contratar no próximo pleno ordinario.  De obter de novo a calada por resposta, CABE estudiara outras accións para cumprir coa súa obriga de fiscalizar a acción do goberno municipal.


        Gondomar, 25 de xuño de 2018.
        Pauliño del Rio Iglesias.
        Voceiro do Grupo Municipal de CABE.

Convocatoria de Asemblea Veciñal Extaordinaria o xoves 28 de xuño

Convócase Asemblea extraordinaria de Gondomar Concello Aberto,

Día: xoves, 28 de xuño
Primeira convocatoria: 20.45 horas
Segunda convocatoria 21,15
Lugar: local de CABE no CDL

Orde do día:

Punto único: Análise da situación e postura de CABE cara as próximas eleccións municipáis

11.6.18

Convocatoria de Asemblea Veciñal Ordinaria o mércores 13 de xuño

Convócase Asemblea ordinaria de Gondomar Concello Aberto,

Día: mércores, 13 de xuño
Primeira convocatoria: 20.45 horas
Segunda convocatoria 21,15
Lugar: local de CABE no CDL

Orde do día:
  1. Aprobación, se procede, de actas anteriores 
  2. Preparación do Pleno Municipal de Xuño
  3. Renovación da Mesa da Asemblea
  4. Rogos e preguntas

Limpeza e Adecentamento do Centro de Saúde de Gondomar

O actual Centro de Saúde de Gondomar, presenta unhas xeira de carencias , algunha graves, como son:
  • Ten uns dos ratios mais altos tanto de Médicos de Familia como en Pediatría. Na actualidade o centro non recolle a poboación con tarxeta  de Concello así parte da poboación esta a ser atendida no Centro de Saúde de Valmiñor. A poboación de Gondomar segundo o INE do 2016 ten unha poboación de  14.192 persoas , con unha poboación infantil menor de 15 anos de 2.064 persoas e de 12.128 adultos.
  • Presenta mala accesibilidade pola ausencia de aparcamentos e dificultades  de circulación rodada.
  • Si ben  a estrutura non é antiga, tódolos espazos están en uso e non ten posibilidades de crecer.
  • O arquivo esta repartido por diferentes dependencias.
Hai sete anos, o Consello da Xunta de 14 de outubro de 2010 aprobou a licitación do Centro de Saúde entre outros de Gondomar. Obra absolutamente necesaria para o noso concello, xa daquela. Aínda  hoxe está en construción e unha vez rematado non vai resolver moitas das necesidades asistenciais da poboación de Gondomar (pediatría, fisioterapia...), mentres os usuarios e usuarias seguen a ser atendidas no antigo edificio.

Este edificio presenta ademais das carencias citadas arriba un aspecto de descoido evidente. Na fachada principal vese claramente esta falla de interese, das diferentes administracións, a entrada esta sucia e chea de grafitis e cartaces, unha das luces da entrada está rota e o reloxo está cuberta de escrementos de paxaros. O aspecto non se corresponde en absoluto co que ten que transmitir un espazo público, máxime un Centro de Saúde.

Por todo ou anteriormente exposto o grupo municipal de Gondomar Concello Aberto presentará unha iniciativa no próximo pleno do mes de xuño a celebrar este xoves día 14 ás 20:00 horas no Auditorio Lois Tobío coa seguinte proposta:

O Pleno do Concello de Gondomar insta á Administración competente (Xunta de Galiza –SERGAS, Concello de Gondomar) para que proceda ao adecentamento do Centro de Saúde na súa fachada principal, repoñendo os elementos de iluminación rotos, retire os cables á vista, restaure os elementos de madeira da entrada principal, eliminando grafitis e cartaces e limpando o reloxo.

Gondomar, 11 de xuño de 2018.       
Asdo.: Pauliño do Río Iglesias.
Voceiro do Grupo Municipal de CABE.

 

4.6.18

Nota de Prensa: Segunda concentración por un Centro de Saúde que cubra as necesidades de toda a poboación de Gondomar


 
Que a actual estrutura que alberga a Unidade de Atención Primaria de Gondomar, Centro de Saúde,  é claramente insuficiente é un feito por todas constatado.  Polo que se fai imprescindible a construción dun novo centro de Atención Primaria, cun Plan Funcional e un programa de espazos que dea resposta as necesidades asistenciais actuais e poda acoller crecementos futuros. Non é o caso do novo Centro de Saúde programado.

As ratios comparativas así o poñen de manifesto, mentres en Nigran hai 1 medico cada 1.277 pacientes, en Gondomar se eleva a 1 cada 1.715, en Pediatría mentres que en Nigrán é de 1 por cada 755 nenos en Gondomar supera a tripla 1 para 2.267, en enfermería máis do mesmo mentres que no concello veciño é de 1 por 1.172 en Gondomar é de 1 por 2.027. Empeza a época das vacacións, empezaremos coas restricións e peche de consultas. A Xunta e o Concello parecen non concernidos por esta problemática. O Sr. Ferreira mofandose das concentracións e o Sr. Concelleiro dando a calada por resposta, non tivo a ben nin tan sequera contestar a solicitude de entrevista, avalada por 2.000 sinaturas.

Por todo isto Gondomar Concello Aberto convocou onte sábado unha nova concentración a prol dun Centro de Saúde digno para Gondomar que cubra as necesidades reais de asistencia sanitaria para toda a poboación. Non estamos dispostos a asumir os recortes da Sanidade Pública, nin imos asumir un Novo Centro de Saúde que vai nacer xa cun déficit asistencial e sanitario. Seguiremos.


                        Gondomar,  3 de xuño de 2018.
                        Pauliño D. del Río Iglesias.
                        Voceiro do Grupo Municipal de Gondomar Concello Aberto.

1.6.18

Concentración o sábado pola mañá por un Centro de Saúde que cubra as necesidades de Gondomar

GONDOMAR CONCELLO ABERTO , está a realizar unha campaña para que a construción do novo Centro de Saúde recolla as necesidades e servizos que demanda Gondomar e con capacidade para atender a toda a súa poboación, con mocións no concello, recollida de firmas, solicitude de entrevista co Conselleiro de sanidade, etc.

O próximo Sábado día 2 de xuño, vamos facer unha concentración as 12 da maña, diante do Centro de Saúde actual.

Por este motivo, INVITAMOS a toda a cidadanía de Gondomar  a asistir a concentración, para conseguir o CENTRO DE SAÚDE que GONDOMAR NECESITA.

29.5.18

Convocatoria de Asemblea Veciñal Extraordinaria o xoves 31 de maio

Convócase Asamblea extrardinaria de Gondomar Concello Aberto,

Día: xoves, 31 de maio
Primeira convocatoria: 20.45 horas
Segunda convocatoria 21,15
Lugar: local de CABE no CDL

Orde do día:
  1. Información financieira

18.5.18

Día das Letras Galegas

Hoxe o pais galego celebra nunha multiplicidade de actos o Día das Letras Galegas, un día para defender, celebrar e reivindicar a nosa lingua e a nosa cultura, patrimonio irrenunciable do noso pobo.


Gondomar Concello Aberto quixo sumarse nesta ocasión cunha actuación na defensa da normalidade da nosa fala. Vai xa case un ano, xuño de 2017, que o goberno municipal puxo unha de pista de deportes enfronte á xefatura da policía local, cos dous cartaces indicando o uso dunha serie de normas de seguridade da instalación única e exclusivamente en español. Onde están os dereitos dos nenas e nenos galego falantes? Onde estaba o compromiso na defensa e recuperación da nosa lingua?
 
O Grupo Municipal de Gondomar Concello Aberto denunciou esta anomalía e levou ao Pleno una moción para resolver esta exclusión da nosa fala. Aprobada por unanimidade o Sr. Paco Ferreira incumpriu de novo o acordo plenario. Os cartaces continuaron en español.
 
Ante esta situación, Gondomar Concello Aberto levou a cabo unha acción na defensa da nosa fala e colocou dous cartaces en galego na pista deportiva como acto reivindicativo no Día das Letras Galegas.
 
Dicía Castelao “"Estamos fartos de saber que o pobo galego fala un idioma de seu". Pola normalización da nosa lingua e cultura.


Gondomar, 17 de maio de 2017.

14.5.18

Concentración por un Centro de Saúde digno par Gondomar

O pasado sábado,  Gondomar Concello Aberto realizou a primeira concentración a prol dun Centro de Saúde Digno para Gondomar.

Logo das Mocións presentadas no Concello, da recollida de máis de 2.000 sinaturas entregadas ao Concelleiro de Sanidade e da iniciativa parlamentar de En Marea, hoxe ás 12:00 horas un grupo de veciñas e veciños concentrámonos na praza do Centro de Saúde para exixir o novo Centro de Saúde que Gondomar demanda.
 
Levamos anos de retrasos, recortes e paralizacións. Un novo Centro de Saúde 8 anos proxectado e con constantes aprazamentos e demoras.
 
Con capacidade para atender a so 10.000 persoas, cando en Gondomar somos máis de 16.000.
Que non contempla servizos básicos como rehabilitación, fisioterapia ou aumento do servizo de pediatría.
 
Máis pequeno e con menos profesionais, seguirase a derivar parte da poboación infantil e adulta ao Centro de Saúde da Xunqueira, mentres o servizo de transporte é inexistente ou moi deficiente.

Para paliar estas eivas reivindicamos que o Novo Centro de Saúde recolla as necesidades e servizos que demanda Gondomar e con capacidade para atender a toda a súa poboación. 

POR UN CENTRO DE SAÚDE DIGNO PARA GONDOMAR.

Convocatora de Asemblea Veciñal Ordinaria o día 16 de maio

Convócase Asamblea ordinaria de Gondomar Concello Aberto,

Día: mércores, 16 de maio
Primeira convocatoria: 20.45 horas
Segunda convocatoria 21,15
Lugar: local de CABE no CDL

Orde do día:
  1. Aprobación, se procede, de actas anteriores 
  2. Preparación do Pleno Municipal de Maio
  3. Asuntos varios
  4. Rogos e preguntas

10.5.18

Concentración o sábado pola mañá por un Centro de Saúde que cubra as necesidades de Gondomar

GONDOMAR CONCELLO ABERTO , esta a realizar unha campaña para que a construción do novo Centro de Saúde recolla as necesidades e servizos que demanda Gondomar e con capacidade para atender a toda a súa poboación, con mocións no concello, recollida de firmas, solicitude de entrevista co Conselleiro de sanidade, etc.

O próximo Sábado día 12 de Maio, vamos facer unha concentración as 12 da maña, diante do Centro de Saúde actual.

Por este motivo, INVITAMOS a toda a cidadanía de Gondomar  a asistir a concentración, para conseguir o CENTRO DE SAÚDE que GONDOMAR NECESITA.